Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
LIBRO GAÑADOR DO 'FIZ VERGARA VILARIÑO'

Olalla Cociña, o espello de Alicia

A poeta presentou 'Libro de Alicia' (Espiral Maior), dedicado á súa bisavoa, que morreu aos 96 anos de idade. Video no interior.

M.S.P. - 14:05 06/03/2009

En marzo do pasado ano a xornalista e poeta Olalla Cociña fíxose co Premio Fiz Vergara Vilariño que entrega o Concello de Sarria cun conxunto de textos que falaban da memoria, da muller, da dignidade e da loita cotiá. Facíao a través de Alicia, a súa heroína, a súa bisavoa que falecera había pouco aos 96 anos de idade, unha muller que tivo unha filla de solteira e que se negou a emigrar a América, e que toda a súa vida saíu adiante, como dicían na aldea "traballando coma un home".

Neste poemario contado en tres voces (a Alicia nova, a Alicia vella e a propia Olalla), Fernán Vello destaca a presenza da memoria, "o ser humano é o único animal que descoñece o presente", dixo. E tamén o fixo Anxos Sumai, que presentou o libro falando das matrioskas, de Orfeo, de xeracións de mulleres e lembrando o verso no que Olalla fala dun "tobogán de raíces". Neste libro Alicia é o espello de Olalla, o espello e todo o que nela atopou.

Libro de Alicia é o terceiro libro de Olalla Cociña, despois de As cervicais da memoria (Edicións Fervenza, Premio Avelina Valladares 2004) e Aquí (intemperies) (Concello de Santiago, AELG 2006), unha escolma de textos tirados do blog do mesmo nome que a autora mantivo durante anos.


4.94/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Olalla Cociña, recitando os poemas do seu novo libro

Miguel-Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña e Anxos Sumai, este xoves na presentación do libro
Miguel-Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña e Anxos Sumai, este xoves na presentación do libro