Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
FAISMESDEVOIRS.COM

Unha web francesa cobrará por facer as tarefas escolares

A iniciativa, que tivo que ser pechada temporalmente polo masivo interese espertado no seu lanzamento, foi criticada polo profesorado de Francia.

Redacción - 14:45 08/03/2009

Este xoves comezou a funcionar en Francia unha polémica páxina web. Faismesdevoirs.com (faime as tarefas) permitiralles aos rapaces pagar para que estudantes maiores lles fagan os exercicios. As respostas a problemas matemáticos custan cinco euros, mentres que un traballo de fin de curso con diapositivas e notas terá un prezo de 80 euros.

O éxito da iniciativa foi tal, que as visitas saturaron o servidor, polo que na web aparece unha mensaxe que indica que se volverá abrir o luns. A web, fundada por Stéphane Boukris, foi recibida con alarma polo profesorado, segundo informou Reuters.

"É aterrador. Contradí o propósito do ensino, que é que o alumnado aprenda a facer o traballo por si mesmo", declarou Agathe Field, profesora de inglés nun instituto de París. "Convérteos en consumidores. A mensaxe é que con cartos podes conseguir os resultados que queiras. É absurdo", dixo.

Boukris defendou a web, afirmando que os escolares aprenderán cos exercicios mercados porque virán con notas dos estudantes explicando como chegaron ao resultado final. "Non só lles estamos a dar o peixe, estámoslles a aprender a pescar", asegurou o autor da páxina. "Claro que algúns alumnos poderían usar o sistema para facer trampas, pero terán que aprender antes ou despois que non imos estar alí o día do exame".


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: