Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA REMATAR COA MOROSIDADE

Os construtores pediranlle a Feijoo que reduza a 45 días os pagos de contratas e subcontratas

Empresarios vencellados co sector denuncian que o tempo que tardan en cobrar pola maioría das obras ascende aos 250 días de media.

Redacción - 19:30 10/03/2009

Tanto na obra pública como na privada; os empresarios da construción están fartos de ter que agardar máis de medio ano para cobrar os seus traballos. Así o denuncian unha ducia de asociacións vencelladas ao sector, que se queixan da falta de liquidez e do perigo de creba que están a correr as súas empresas por mor deste atraso nos pagos. Escavadores, fabricantes de formigón, instaladores de fontanería, fabricantes de derivados de cemento, graniteiros ou ferralleiros. Estes colectivos veñen de unirse para exixir solucións urxentes que freen a morosidade e que lles permitan afrontar esta conxuntura de crise.

Neste contexto decidiron elevar as súas demandas ao futuro executivo galego, para que tome medidas urxentes. Piden: que se promova dende a Administración Autonómica a inclusión dunha cláusula de pago máximo de 45 días para contratas e subcontratas, non concursos públicos que se están licitando, en cumprimento coa Lei 3/2004 de Morosidade". Doutra banda, piden á Administración que comprobe e verifique que os pagos ás subcontratas e subministradores están feitos antes de remunerar á empresa adxudicataria do concurso.

Da toma deste tipo de decisións depende, segundo explica Diego Maraña, de Aexga (Asociación de Escavadores de Galiza) o mantemento da actividade empresarial e tamén do emprego. Así o expuxo en representación das máis de dúas mil compañías integradas nas 12 asociacións, que contan cunha facturación conxunta que ascende a catro mil millóns de euros e xeran uns 60 mil postos de traballo directos. Os asinantes desta demanda son:

Asociación de Escavadores de Galiza (AEXGA);
Asociación de Empresas do pechamento (AECALPO);
Asociación de Fabricantes de Formigón e Morteiro de Galiza (ASFHORGAL);
Asociación Española de Fabricantes de Formigón (ANEFHOP);
Asociación de Empresarios de Instalacións de Fontaneiría, Saneamento, Calefacción, Aire Acondicionado e Afíns de Pontevedra (FONCALOR);
Asociación de Fabricantes de Derivados do Cemento de Galiza (ASFADECE);
Asociación Galega de Graniteiros (AGG);
Asociación Galega de Louseiros (AGP);
Asociación Galega de Industriais da Ferralla (AGFERRALLA);
Asociación de Empresarios de Materiais da Construción (ASEMACO);
Asociación de Empresas de Electricidade e Telecomunicacións da provincia de Pontevedra (INSTALECTRA);
Asociación de Canteiras de Galiza (ACG).


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: