Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XULIO FERNÁNDEZ MATO

O potencial da lusofonía ten que entrar na axenda política, recomenda o secretario de Relacións Exteriores

Durante a inauguración dun seminario sobre linguas románicas o responsábel da Xunta tamén subliñou que o Goberno "tratou de formar cidadáns capaces en dúas linguas".

Redacción - 09:15 12/03/2009

O secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Xulio Fernández Mato, participou este mércores na cea de inauguración do seminario Linguas Románicas. Tradución, multilingüísmo e construción europea. Na cea estiveron presentes un grupo de tradutores e lingüistas da Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea, que participarán no seminario, o xoves e o venres desta semana. A finalidade destas xornadas é tratar o futuro común destas linguas, tanto no marco comunitario como no resto do mundo.

Durante a súa intervención, Fernández Mato defendeu que a intención do Goberno da Xunta os últimos catro anos foi "formar cidadáns abertos e capaces en dúas linguas", falando de que ter que escoller o idioma no que formarse "resta capacidades e pode provocar fracturas sociais e discriminación". Apostou "pola convivencia pacífica e integradora de galego e castelán como linguas oficiais" do país e recalcou o traballo feito dende o actual Goberno para dar pulo á lingua galega, "nunca en detrimento do castelán".

Potencial do galego na lusofonia
Fernández Mato reservou unha parte do seu discruso para falar da importancia estratéxica da nosa lingua na lusofonía, explicando a grande oportunidade que supón para os galegos a posibilidade de comunicarnos neste espazo usando a nosa lingua. Así definiu o espazo lusófono como "un dos ámbitos máis interesantes para a difusión exterior da nosa lingua e literatura".

Por último, dixo lamentar que "nestes últimos tempos" se "alterara o consenso lingüistico acadado coa Lei de Normalización de 1983 e co Plan de Normalización de 2004".


4,11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: