Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Forte ralentización no medio da crise

O emprendemento empresarial cae á metade no inicio de 2009

Un total de 294 empresas foron creadas no mes de xaneiro, un 54,3% menos ca no mesmo período do ano anterior.

Redacción - 09:00 17/03/2009

Se en xaneiro de 2008 a actividade emprendedora aínda parecía gozar de boa saúde e o rexistro ao cabo dese mes apuntaba un total de 644 novas empresas formadas, un ano máis tarde a cifra cae a só 244. Un descenso comparativamente case dez puntos maior que o sufrido polo conxunto do Estado, onde o emprendemento caeu neste indicador un 44,7%.

Para a constitución das sociedades creadas o primeiro mes do ano en Galiza subscribíronse máis de 13,9 millóns de euros, contía que representa un 71,5% menos de capital desembolsado ca en xaneiro de 2008, con máis de 48,9 millóns. Ademais, en xaneiro de 2009, un total 189 sociedades mercantís ampliaron capital, un 24% menos que as empresas que o fixeran o primeiro mes do ano pasado, malia que o capital desembolsado ascendeu a 114,8 millóns de euros, de forma que a contía empregada para estas operacións superou nun 30% a de xaneiro de 2008, que fora de 87,9 millóns.

A Coruña foi a provincia galega na que máis empresas se crearon en xaneiro, un total de 134, aínda que esa cifra se reduciu un 47,8% con respecto a xaneiro de 2008. Por detrás situouse Pontevedra, con 104 sociedades mercantís e un descenso do 61,4%; Ourense, con 31 e unha caída do 47,45% e Lugo, con 25 empresas e un descenso do 56,8%. Por outro lado, as sociedades que se disolveron en xaneiro deste ano foron 191, un 15% máis que en xaneiro de 2008. Delas, o 92,1% fíxoo voluntariamente, o 6,8% tras unha fusión e algo máis do 1% por outras causas.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: