Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RELEVANDO A LOLI RODRÍGUEZ

María Torres pelexará pola Secretaría Xeral de Xuventudes Socialistas

A avogada carballesa, que conta co apoio da actual dirección, intentará impoñerse nun congreso no que non se descarta outra lista alternativa.

R.V. - 14:20 17/03/2009
María Torres

María Torres

As Xuventudes Socialistas de Galicia traballan no seu vindeiro congreso nacional, que se celebrará os días 9 e 10 de maio no municipio de Fene. A organización debaterá as súas teses políticas para os próximos catro anos, á vez que elixirá unha nova Executiva Nacional. A actual secretaria xeral, Loli Rodríguez Amoroso, abandona o cargo por cuestións de idade.

Aínda que polo de agora non están formalizadas as candidaturas, segundo puido saber Vieiros, a avogada carballesa María Torres Pose, que conta coa beizón da actual dirección, é a que máis posibilidades ten de ocupar o cargo. De feito, a corrente maioritaria de Xuventudes Socialistas xa traballa nunha lista pilotada por María Torres e na que a coruñesa Tamara Canosa repetiría como secretaria de Organización. Porén, tampouco é descartábel unha segunda lista de mozos próximos á deputada alaricana Laura Seara.

A actual secretaria xeral, Loli Rodríguez, deixa con 30 anos o cargo en Xuventudes Socialistas e nas vindeiras semanas tamén abandonará a presidencia do Consello da Xuventude de Galicia. Rodríguez Amoroso colleu o temón das mocidades socialistas na primavera de 2005. No congreso no que foi elixida algúns viron un xiro de XX.SS cara posicións máis autónomas. De feito, nas teses política falábase explicitamente do carácter nacional de Galiza, o que non gustou demasiado nos sectores do partido máis centralistas.

A Executiva actual está composta ademais de por Loli Rodríguez, por Tamara (secretaria de Organización); Silvia Fraga (Política Institucional); María Torres (Formación); Julio Castela (Emprego); Jesús Basanta (Rural); Isabel Lema (Medio Ambiente); e Paula Vázquez (Igualdade). Tamén forman parte da dirección, como vocais: Iván Puentes; Patricia Rodríguez; Henrique Vaqueiro; Tatiana Fernández; Adriana Viz; Ignacio Filgueira; e Fernando Martínez.


4.47/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: