Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XVIII Premios Irmandade do Libro

Os libreiros agariman este ano a Xabier P. Docampo

O chairego é gañador desta volta, na modalidade de autor, do recoñecemento da Federación de Libreiros de Galicia.

Redacción - 14:00 20/03/2009

Se este xoves era os escritores os que nos facían saber dos finalistas dos galardóns outorgados pola propia Asociación de Escritores en Galego, agora vimos de coñecer a decisión do xurado da 18ª edición dos Premios Irmandade do Libro, nesta caso organizados pola Federación de Libreiros de Galicia.

Os libreiros decidiron así proclamar gañador, na modalidade de Autor, ao escritor Xabier P. Docampo, valorando "tanto a súa extraordinaria faceta creadora como a súa contrastada vocación de traballo a prol do libro e da lectura" en Galiza. Os premios entregaranse no Carballiño o próximo 28 de marzo. Velaquí os finalistas no resto de modalidades:

Fomento da lectura:

  • Biblioteca Pública de O Porriño  
  • Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros
  • Asociación Cultural Lonxa Literaria, de Moaña


Institucións:
  • Casino de Santiago  
  • Asociación Cultural IES Rosalía de Castro  
  • Liceo Recreo Ourensán


Librarías:
  • Andel do Libro Galego e Portugués  
  • Libraría Porta da Vila, de Viveiro  
  • Libraría Paz, de Pontevedra


Mellor libro do ano 2008:
  • Fin de século en Palestina. Miguel Anxo Murado. Editorial Galaxia.

  • Festina lente. Marcos S. Calveiro. Edicións Xerais de Galicia.

  • O xardín das pedras flotantes. Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Galicia


Obra editorial do ano 2008:
  • As flores do mal. Ed. Galaxia.  
  • Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais.  
  • Colección rescate. Alvarellos editora.


Centros de ensino:
  • CEIP de Quintela – Moaña  
  • CEIP San Martiño, de Igrexa-Salcedo –Pontevedra  
  • IES Blanco Amor, de Ourense


Ligazóns

5/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Xabier P. Docampo en setembro pasado (Imaxe da súa bitácora persoal - http://xabier-docampo.net/)
Xabier P. Docampo en setembro pasado (Imaxe da súa bitácora persoal - http://xabier-docampo.net/)