Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Antigos membros de Pola Base

Movemento Galego ao Socialismo pide "unidade, participación e debate de ideas" no BNG

Noa Presas, Rafa Villar e Fidel Diéguez compareceron diante dos medios para explicar as demandas do colectivo diante do proceso aberto no Bloque.

Redacción - 10:00 21/03/2009

Participación, debate de ideas e unidade foron os tres eixos subliñados este venres polos voceiros do sector do que no seu tempo foi Movemento pola Base, que decidiu permanecer integrado no BNG. Na intervención pública no Clube Internacional de Prensa anunciaron que continúan traballo agora baixo as siglas de Movemento Galego polo Socialismo. "E a nosa opción estratéxica segue a ser o traballo no BNG", subliñaron.

Diante do proceso de debate interno no BNG, anuncia que asisten coas premisas da participación, "queremos acadar a maior participación posíbel dentro dese debate". "Cremos tamén que esa asemblea debe ser fundamentalmente una asemblea de debate de ideas, todo o mundo ten que achegar as súas propostas, as súas posicións", expoñen. Por último, afirman agardar que sexa unha asemblea "que contribúa á unidade do nacionalismo dentro da pluralidade, que é evidente, pero ten que prevalecer ese afán de unidade".

Poden ampliar na web Polabase.org.


3.29/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: