Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novas manifestacións esta semana

En Galiza, Cataluña ou Portugal, a loita contra Boloña non ten parada

Essta segunda feira un estudante catalán facía 30 días enteiros sen comer, en protesta contra o proceso. Portugal sae esta terza á rúa, e en Galiza hai concentracións en solidariedade.

Redacción - 12:00 24/03/2009
Unha pintada en solidariedade con Tomàs Sayés, en folga de fame dende o pasado 23 de febreiro (clique para ampliar)

Unha pintada en solidariedade con Tomàs Sayés, en folga de fame dende o pasado 23 de febreiro (clique para ampliar)

Esta semana continúan as mobilización contra a entrada das Universidades no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), o coñecido coma Proceso Boloña.

No noso país hai convocadas concentracións -en Compostela (esta terza feira, ao mediodía, diante da Reitoría); en Vigo (ás 20h00, diante do Marco); e na Coruña (tamén ao mediodía, e diante da Reitoría)-, en solidariedade cos estudantes cataláns que foron reprimidos violentamente polos Mossos d'Esquadra a pasada semana, cando se manifestaban polo desaloxo do edificio histórico Universidade de Barcelona, que fora ocupado en protesta contra Boloña.

Alén disto, os e as estudantes galegos volverán reclamar, na rúa, unha Universidade pública galega e a paralización completa deste proceso, "que procura a privatización e precarización" do saber, "que se subordina aos intereses das empresas, á elitización da educación e á desaparición da autonomía universitaria".

Un mes sen comer, protestando contra Boloña
O estudante da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e militante do SEPC (Sindicat d'Estudiants dels Països Catalans), Tomàs Sayés, leva sen comer ren dende o pasado 23 de febreiro, día no que decidiu comezar unha folga de fame en protesta contra a aplicación do Proceso de Boloña na Universidade catalá.

Esta terza feira estaba previsto o seu ingreso no Hospital de Terrassa, tras ser recomendado polos médicos que o atenden. Porén, Sayés volveu reiterar, segundo publica o diario dixital catalán Vilaweb, que a folga de fame é "indefinida". "Ante a situación que se viviu a semana pasada co desaloxo do reitorado da UB e as agresións policiais, así como ante o silencio co que as institucións trataron esta folga de fame, e a negativa de escoitar as cuestións das que estamos a falar, decidimos ir máis alá". Agora, este estudante decidiu que tampouco vai inxerir azucre, xa que, segundo sinalou, "continúo convencido do que estou a facer, e estou disposto a continuar, aínda cando fisicamente me atopo cada vez máis canso". Neste tempo, Sayés perdeu 10 quilos, case o 20% do seu peso corporal. Día a día, os seus compañeiros e el propio, foron anotando a súa evolución nun seu blog Vaga de fam per la Universitat Pública (Folga de fame pola Universidade pública).

Portugal tamén sae á rúa contra Boloña
Aínda que unha das reivindicacións dos estudantes portugués é a paralización do Proceso de Boloña nas súas Universidades, tamén é certo que esta terza feira saen á rúa por "un pouco de todo".

Alumnado do Ensino Básico, Secundario e Superior percorre as rúas das principais cidades lusas, no Dia do Estudante, en protesta polos principais problemas que os afectan: dende o Proceso de Boloña e as propinas -as taxas-, no caso dos estudantes universitarios, até a reivindicación da fin dos exames nacionais e do Estatuto do Alumno, no caso dos estudantes de Secundaria.

Máis información das loitas contra Boloña:



Ligazóns

4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: