Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ASEMBLEA XERAL

A Mesa reorienta a súa actividade cara ao traballo na rúa

Carlos Callón, Fran Rei e Iria Taibo repiten como presidente, vicepresidente e secretaria, ao tempo que se nomea a Pousa Antelo 'Presidente de honra'.

Redacción - 20:34 28/03/2009


A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou este sábado a súa Asemblea Xeral con críticas ao PP e ao futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e cunha chamada á sociedade a manifestarse o 17 de maio en Compostela polos seus dereitos lingüísticos. Carlos Callón, que continúa á fronte da asociación, cualificou de "mentira" e "demagoxia" as declaracións de Feijoo sobre a situación lingüística de Galiza e dixo que "ofenden a gran parte da poboación galega".

No novo panorama político e institucional a Mesa pola Normalización Lingüística reorientará a súa actividade nos próximos anos cara aos actos na rúa, como por exemplo, a manifestación do Día das Letras. Na vindeiras semanas, os afiliados da Mesa repartirán materiais polas rúas galegas con "datos reais" para "mostrar a realidade" da existencia dunha lingua "estranxeira no seu propio país". Outro dos obxectivos da Mesa para os vindeiros anos é aumentar o número de afiliados, que neste momento se sitúa no 3500 (cun incremento de 600 nos últimos tres anos); Carlos Callón confía en acadar os catro mil socios nesta lexislatura.

A Asemblea mantivo nos seus cargos por outros tres anos a Callón, Fran Rei e Iria Taibo, presidente, vicepresidente e secretaria da Mesa, respectivamente. Así mesmo, nomeou por unanimidade a Avelino Pousa Antelo 'Presidente de honra'. "Aos seus 94, case 95 anos, sempre está nos actos", salientou Callón, quen incidiu no "vencello entre xeracións" que supón a súa presenza na Mesa. Tamén se decidiu introducir melloras no debate interno da asociación, procurando unha "maior corresponsabilidad dos grupos de base".


5/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: