Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONSELLO DE MINISTROS EXTRAORDINARIO

O Banco de España intervén Caja Castilla-La Mancha

É a primeira intervención dunha grande entidade financeira no Estado dende 1993 con Banesto.

Redacción - 17:45 29/03/2009

O Banco de España decidiu intervir Caja Castilla-La Mancha, no que supón a primeira intervención dunha gran entidade financeira dende a de Banesto en 1993 e a primeira desde Eurobank do Mediterráneo en 2003.O presidente de Caixa Castilla-La Mancha (CCM), Juan Pedro Hernández Moltó, reuniuse ao mediodía con dirixentes do Banco de España. CCM estaba inmersa nun proceso de conversas coa entidade andaluza Unicaja para unha futura fusión, operación que se vería frustrada con esta decisión do Banco de España. Dende hai unhas semanas diversas informacións apuntaron a un posíbel buraco patrimonial na caixa, que no entanto foi desmentido a semana pasada desde fontes oficiais de CCM.

Caja Castilla-La Mancha contaba con créditos concedidos por importe de 19.536 millóns de euros e con depósitos de clientes por valor de 17.265 millóns de euros, que están garantidos polo Fondo de Garantía de Depósitos, ata un límite de 100.000 euros por cliente. O Consello de Administración de Caixa Castilla-A Mancha (CCM) tiña previsto reunirse o vindeiro martes co obxectivo de adiantar as dotacións previstas para o 2009 e incorrer en resultados negativos, coa finalidade de fortalecer a súa estrutura patrimonial.

A intervención está amparada polo artigo 31 da Lei de Disciplina e Intervención das Entidades de Crédito. O artigo estabelece que "unicamente cando unha entidade de crédito se atope nunha situación de excepcional gravidade que poña en perigo a efectividade dos seus recursos propios ou a súa estabilidade, liquidez ou solvencia, poderá acordarse a intervención da mesma ou a substitución provisional dos seus órganos de administración ou dirección". O artigo permite ao supervisor do sector financeiro a manter as medidas "até que se supere a situación" de extrema gravidade.

Tralo anuncio da intervención, o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, convocou un Consello de Ministros extraordinario ás seis da tarde deste domingo para analizar a situación da entidade. Á reunión convocada por Zapatero está prevista a asistencia dos ministros das áreas económicas do Executivo e tería como obxectivo estudar os detalles da intervención que prepara o Banco de España.


3/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: