Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornadas na Coruña

Dereitos Humanos e persoas con discapacidade

VIgalicia organiza este encontro os días 2 e 3 de abril, para que a cidadanía saiba que as persoas con diversidade funcional comparten os mesmos dereitos.

Redacción - 13:40 30/03/2009
Detalle do díptico das xornadas, e nel unha escultura de Alison Lapper, muller que naceu sen brazos

Detalle do díptico das xornadas, e nel unha escultura de Alison Lapper, muller que naceu sen brazos

O 13 de decembro de 2006 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobaba a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade, un texto que suporía un gran cambio nas políticas dirixidas ás persoas con diversidade funcional, e que tamén provocoría grandes mudanzas na lexislación internacional.

Para que as persoas con discapacidade, e a opinión pública en xeral, coñezan o que vai significar a aplicación desta Convención, a Asociación Asistencia Persoal para a Vida Independente, VIgalicia, organiza, na Universidade da Coruña (UdC), unhas Xornadas sobre a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade, a desenvolver os vindeiros 2 e 3 de abril, as vindeiras quinta e sexta feira.

As xornadas han contar coa presenza de académicos coma Adela Rey ou José Antonio Seoane, entre outros. Tamén estarán presentes varios expertos a nivel estatal, vinculados ao Movemento de Vida Independente, como Alejandro Rodríguez Picavea ou José Antonio Nóvoa. Estes encontros fan parte dunha campaña de difusión da Convención, iniciada o pasado mes de xaneiro en Compostela, e na que xa se expuxeron algúns aspectos fundamentais deste tratado de dereito internacional, como é o feito de que as persoas con diversidade funcional son suxeitos de dereito e non obxectos de políticas caritativas e que, polo tanto deben ter as mesmas opcións de control sobre as súas vidas que os demais cidadáns.

Pode ollar información sobre estas xornadas na web de VIgalicia.

A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade
Esta convención aprobouse o 13 de decembro de 2008 pola Asemblea Xeral da ONU, e foi o resultado dun longo proceso, no que participaron varios actores, entre os que tiveron un papel destacado as organizacións de persoas con discapacidade funcional e as súas familias.A convención empregarase como un instrumento para que as persoas con diversidade funcional teñen, entre outras cousas, unha meirande "visibilidade" dentro do sistema de protección dos Dereitos Humanos da ONU. Neste sentido, asúmese, por primeira vez, a discapacidade funcional como unha cuestión relacionada cos dereitos das persoas, o que significa que as persoas con discapacidade poden contar cunha ferramenta xurídica vinculante, á hora de facer valer os dereitos destas persoas.

O Estado Español asinou e ratificou a Convención da ONU, e esta entrou en vigor o 3 de maio do ano pasado.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: