Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CON 'EXTRARRADIOS'

Eduardo Alonso leva o premio galego duns 'Max' que dominou Animalario

'2666'. do Teatre Lliure de Barcelona, foi elixida mellor espectáculo. Alonso impúxose a Cándido Pazó e a Jose Luis Prieto Roca.

Redacción - 12:00 31/03/2009

Argelino, servidor de dos amos, de Animalario, foi o gran triunfador da noite dos Premios Max con catro dos cinco premios aos que optaba (mellor director de escena para Andrés Lima, mellor adaptación teatral para Alberto San Juan, mellor actor protagonista para Javier Gutiérrez e mellor produtor privado de artes escénicas). Só lle faltou o premio ao mellor espectáculo, que foi para 2666, a obra do Teatre Lliure baseada na novela de Roberto Bolaño.

Ao recibir o seu premio, Alberto San Juan denunciou que o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero está promovendo unha lexislación de inmigración "en sintonía coa de Aznar", "unha guerra contra os pobres" na que, por exemplo, a loita contra a pirataría vai contra os máis débiles porque permite "encerrar" aos que venden discos na rúa. Pola súa banda, o ferrolán Javier Gutiérrez, actor protagonista da obra, dedicou o seu premio "a todos os seres humanos que morren ao chegar á costa ante a indiferencia e pasividade do Goberno e a sociedade".

Tirant lo Blanc, dirixida por Calixto Bieito, partía como favorita, con 8 candidaturas, pero finalmente só obtivo dous premio, ambos para Carles Santos, como mellor director musical e como autor da mellor composición musical para espectáculo escénico. O espectáculo de danza De cabeza, a segunda en número de candidaturas, con 6 tamén se tivo que conformar con dous galardóns: o de mellor coreografía e mellor intérprete feminina, ambos para Teresa Nieto.

Eduardo Alonso fíxose co premio ao 'mellor autor teatral en galego' coa obra Extrarradios (comedia das mulleres desamparadas). Alonso impúxose a Cándido Pazó por E ti quen vés sendo? e Jose Luis Prieto Roca por O ridículo desamor dun home máis ou menos normal.

Consulta aquí a lista completa de premiados


3,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: