Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Intervención pública en Praga

Obama promete avances no desarme "nuclear" pero mantén o escudo antimísiles

Admite o dereito de Irán a ter "enerxía nuclear" pero subliña que "a ameaza iraniana" é unha das xustificacións para manter o proxecto de mísiles.

Redacción - 12:35 05/04/2009

A disposición positiva do novo presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, a asinar o Tratado de Prohibición Total de Ensaios Nucleares, foi a promesa destacada este domingo en Praga polo mandatario estadounidense durante unha intervención pública diante de varios milleiros de persoas. Un tratado que, de feito, só saíra adiante no momento en que o subscriban ademais dos EUA, países como China, India, Indonesia, Paquistán, Israel, Corea do Norte e Exipto.

Obama suxeriu unha reunión internacional adicada especificamente ao tema da redución do armamento nuclear en todo o mundo e un novo tratado que "poña fin de xeito verificábel á produción de materiais fisíbeis destinados a armamento nuclear". O líder dos EUA referiuse ao "legado máis perigoso da Guerra Fría" e sinalou que "o risco de ataque nuclear aumentou" debido ao aumento no planeta de países con armas atómicas.

Así e todo, Obama recoñeceu o pesimismo ao respecto do desafío de supresión armamentística, afirmando que "se cadra non se consegue durante a miña vida". Ao fío, confirmou que segue adiante o proxecto de escudo antimísiles e, aínda admitindo o "dereito" de Irán a ter enerxía nuclear, definiu a "ameaza iraniana" como un dos argumentos para o despregue dese polémico sistema de mísiles.

Máis información:


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: