Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Terceira réplica dende o terremoto do luns

Un novo sismo de 4,5 graos fai tremer outra vez o centro de Italia

A cifra de falecidos ascende xa a 207, segundo o último balance ofrecido polo Goberno.

Redacción - 17:05 07/04/2009

Un novo sismo de 4,5 graos na escala de Richter rexistrouse a primeira tarde deste martes na zona do centro de Italia. É aterceira réplica dende o terremoto da madrugada do domingo ao luns.

A cifra de mortos ascende xa a 207, segundo o último balance ofrecido polo primeiro ministro de Italia, Silvio Berlusconi. Destes, 17 cadáveres permanecen sen identificar, mentres que a cifra de feridos rolda os 1.500.

Os servizos de emerxencia e os voluntarios lograron rescatar con vida un total de 150 persoas que quedaran atrapadas baixo os carcallos, informou Berlusconi nunha conferencia de prensa en L'Aquila. 


 

(Actualizada ás 11.00 horas)
Os membros dos servizos de rescate continúan a traballar entre os cascallos na procura de superviventes. Aínda que o paso das horas reduce as posibilidades de atopar as 34 persoas que figuran como desaparecidas, a aparición con vida de dous estudantes este luns á noite mantén viva a esperanza.

Ademais, entre as 23.57 horas e a 1.15 horas da madrugada rexistráronse dous novos sismos. O primeiro produciuse arredor das cidades de L'Aquila, Barreto e Scoppitto, cunha magnitude de 3,8 graos. Pouco máis dunha hora despois a terra volveu tremer con maior intensidade, 4,8 graos na escala de Richter .

A cifra oficial de falecidos é de 179, mentres que son arredor de 1.500 persoas as que resultaron feridas. O número de persoas que perderon o seu fogar supera os dez milleiros.


LUNS

(Actualizado ás 23.15 horas)

O número de vítimas mortais non para de aumentar. Os últimos datos oficiais falan de máis de 150 falecidos a consecuencia do terremoto e 1.500 feridos. Os servizos de emerxencia traballan arreo a estas horas da noite intentando atopar os desaparecidos que se atopan debaixo dos cascallos. O goberno que ten anunciado axudas partidas monetarias urxentes para axudar os damnificados ten decretado o estado de emerxencia nacional.

(Actualizado ás 16.45 horas)
Segundo os últimos datos achegados polo Ministerio do Interior italiano, o número de mortos superaba á primeira hora deste luns o centenar. Porén, o Goberno teme que a cifra poida alcanzar os 150.

(Actualizado ás 13.15 horas)
O número oficial de vítimas mortais no terremoto de Abruzzo, no centro de Italia, superou o medio cento, segundo declarou informou o ministro do Interior, Roberto Maroni, en L'Aquila, a localidade que resultou máis afectada polo sismo.

(Actualizado ás 10.00 horas)
Polo menos 27 persoas morreron a causa do terremoto de 6,7 graos de magnitude na escala de Richter que sacudiu a rexión de Abruzzo, no centro de Italia, durante a madrugada do domingo ao luns, segundo a axencia de noticias italiana Ansa, que cita como fontes os hospitais da zona. O epicentro situouse perto de L'Aquila, a uns 90 quilómetros ao nordés de Roma.

Outras axencias tamén falan de "milleiros" de evacuados e afirman que o primeiro ministro, Silvio Berlusconi, podería decretar a urxencia nacional, aínda que un portavoz oficial non puido confirmar este extremo. Aínda se descoñece o número definitivo de vítimas entre mortos e feridos, mais algúns medios italianos xa falan de que podería haber persoas atrapadas entre os cascallos dalgúns edificios.

(Actualizado ás 8.00 horas)

Cando menos 13 mortes confirmadas como consecuencia do forte movemento sísmico producido no centro de Italia. Catro dos falecidos confirmados a esta hora son menores de idade. L'Aquila, a 90 km da capital italiana, é a localidade máis afectada, co derrubamento de edificios no centro histórico, incluída unha residencia de estudantes. Trátase dunha pequena cidade de 70 mil habitantes, capital da rexión do Abruzzo, e coñecida polo seu centro histórico.


3.5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Un xeólogo avisou do desastre hai poucos días e acusárono de alarmista

Capa do xornal rexional 'Il Centro', este martes
Capa do xornal rexional 'Il Centro', este martes
Epicentro en L'Aquila, Abruzzo (pique para ampliar)
Epicentro en L'Aquila, Abruzzo (pique para ampliar)
Detalle do epicentro (pique para ampliar)
Detalle do epicentro (pique para ampliar)