Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O ABRIL MÁIS QUENTE

En Vieiros continúa a paixón carnal

Cando aínda faltan 17 días para o peche do certame, xa hai 130 microrrelatos eróticos facendo ferver a rede.

Redacción - 10:30 07/04/2009

Non hai trebón que chegue para evitar que siga a arder a rede. Vieiros organiza a segunda edición do certame de microrrelatos eróticos 'Ferve a rede' e abril estoupa en celebracións da carne. Aínda que o prazo para enviar traballos remata o vindeiro 24 de abril, xa hai 130 microrrelatos a concurso.

Cruzmartínez envíanos un dos últimos relatos: “Quizais se fose un verme, traspasaría o glande do teu pene e moraría nel para sempre. Mais son unha muller mollada, quente, que agarda enchouparse no teu seme.”

A que agardas?

Envía o teu microrrelato (non pode pasar dos 690 caracteres) e podes ser o gañador dunha viaxe a Bruxas (Flandres) ou dunha fin de semana a gastos pagos en Amarante (Portugal). Podes consultar aquí as bases e os premios do certame.


3.88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Até o 24 de abril podedes seguir enviando as vosas creacións máis abafantes
Até o 24 de abril podedes seguir enviando as vosas creacións máis abafantes
O gañador disfrutará unha viaxe para dúas persoas á cidade belga de Bruxas
O gañador disfrutará unha viaxe para dúas persoas á cidade belga de Bruxas