Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ex directores xerais, conselleiros ou alcaldes

A Xunta négase a dar o nome das persoas que están a cobrar o plus de altos cargos

Dende a Consellaría de Presidencia sosteñen que a Lei de Protección de Datos impide publicitalos.

Redacción - 17:15 15/04/2009

Que ex directores xerais, conselleiros ou alcaldes pediron por escrito o denominado plus de altos cargos ao reingresar nos seus postos de funcionarios? Averigualo, non é, nin moito menos, unha tarefa doada. Dende a propia Consellaría de Presidencia subliñan que non poden facilitar a listaxe debido a que o prohibe expresamente a Lei de Protección de Datos. Segundo a versión oficial da Xunta, a Lei de Transparencia aplícase aos cargos cando están no poder pero non cando xa o deixaron e non teñen responsabilidades políticas.

O chamado plus de altos cargos volve estar de actualidade despois de que a Executiva Nacional do BNG instase aos seus militantes a non acollerse a este complemento. A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, primeira alto cargo que se opuxo de vez ao plus, pedía esta semana a publicación dos nomes e apelidos de todos aqueles funcionarios que perciban este diñeiro público.


4.25/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: