Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Co “obxectivo común” de superar a crise

A patronal apoia a fusión de carteiras proposta por Feijoo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ve en Economía e Industria unha opción para sacar o país adiante. O seu presidente gabou algúns dos membros do novo Goberno.

Redacción - 09:00 20/04/2009
O presidente da CEG, Antonio Fontenla

O presidente da CEG, Antonio Fontenla

Os empresarios galegos ven con bos ollos o novo organigrama da Xunta, xa que, consideran, "está formado por persoas novas e con ganas de traballar", e cualifican de "positiva" a fusión de consellarías, especialmente a de Industria e Economía, como unha medida para combater contra os efectos da crise.

Segundo declarou o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, nunha situación de crise é "importante" que dúas consellerías como Economía e Industria camiñen "xuntas", aínda que recoñeceu que non ten unha valoración "clara" do seu funcionamento posto que se trata dunha "situación nova" para o noso país. "Aínda non sabemos as competencias, pero intuímos que será positivo", concluíu.

Fontenla gabou a titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e ao de Obras Públicas e Medio Ambiente, Agustín Hernández, ao que cualificou como unha "boa fichaxe" de Feijoo, e unha persoa de "total e completa honorabilidade". Finalmente, o presidente da CEG referiuse á demanda de "colaboración" formulada o sábado polo presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo, no seu discurso de toma de posesión, e asegurou que os empresarios ofrecerán "todo o apoio" ao dirixente autonómico porque todos perseguen o "obxectivo común" de que "Galiza supere a crise o antes posible".


1.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: