Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOVIDADES O 1 DE MAIO

A Blogaliza ábrese a propostas para renovarse

A plataforma de publicación de blogs en galego inclúe xa na súa portada unha listaxe de contribucións de cara á ampliación dos seus servizos.

Redacción - 15:00 26/04/2009

A comunidade de blogs en galego Blogaliza está a xestar unha nova versión que está previsto que saia ao aire o 1 de maio. A portada cambiará notabelmente e comezará a incluír novas culturais con actualización diaria, rede social, animación artística e outros contidos. Até agora amosaba o último publicado no blogomillo, tanto nos 1.700 blogues en galego da plataforma como doutros sistemas.

As novas seccións irán aparecendo progresivamente, comezando pola de letras. Seguiranlle despois outras facetas culturais. Blogaliza fai, ademais, un chamamento a todas as persoas que desexen achegar propostas para enriquecer o sistema. Deste xeito, xa se van publicando todas estas contribucións (enviadas a propostas@blogaliza.org) na propia portada.

No que se refire ao financiamento, Blogaliza comprométese a que os blogs sigan a ser de balde e sen publicidade, agás nas portadas temáticas, que contarán con anuncios para contribuír á viabilidade da plataforma.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: