Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ATLETISMO, ULTRAFONDO

Cristina González afronta chea de ilusión o seu primeiro muncial

A atleta vilagarciá comeza este sábado unha carreira que durará 24 horas e na que medirá o seu nivel nunha disciplina na que aínda non leva un ano.

Redacción - 10:00 02/05/2009
Cristina González

Cristina González

A ultrafondista vilagarciá Cristina González García disputa esta fin de semana o 7º Campionato Mundial de Ultrafondo, na modalidade carreira de 24 horas. A competición terá lugar na localidade italiana de Bergamo e tomarán a saída un total de 222 deportistas, repartidos en 70 na categoría feminina e 152 na masculina. A carreira disputarase sobre un circuíto rectangular de 1133 metros, comezou este sábado ás 10 da mañá, para rematar o domingo á mesma hora.

Cristina é unha das seis integrantes do equipo estatal, partindo coa segunda mellor marca deste combinado (178 quilómetros), que acadou o pasado mes de decembro nunha carreira celebrada en Barcelona. As favoritas son as atletas francesas, rusas e xaponesas, mentres que Cristina aproveitará o evento para coñecer o nivel de competición da elite mundial e ir collendo experiencia. A vilagarciá será, xunto á sueca Emelie Andersson, a atleta máis nova da competición.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: