Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CUSTARÁ UNS 20 EUROS

O goberno español autoriza a venda sen receita da “pílula do día despois”

Non establece ningún límite de idade e pretenden con esta medida "reducir o número de embarazos non desexados", especialmente entre as mozas máis novas.

Redacción - 17:30 11/05/2009
Trinidad Jimenez (esquerda) e Bibiana Aído

Trinidad Jimenez (esquerda) e Bibiana Aído

A ministra de Sanidade, Trinidad Jiménez, e a súa homóloga no eido da Igualdade (Bibiana Aído) anunciaron este luns que autorizarán a venda da "pílula do día despois" sen receita médica nas farmacias. A medida entrará en vigor dentro de tres meses e a súa principal motivación é, segundo explicou Jiménez, "evitar os embarazos non desexados", especialmente entre as mozas novas.

Para reforzar este argumento dixo que pretenden atallar a tendencia que expresa o feito de que, segundo ela, seis mil dos 112 mil embarazos non desexados rexistrados no 2007 tiveron como protagonistas a mozas menores de idade. Jiménez negou que se trate dun método abortivo, porque "non é eficaz unha vez que existe implantación no útero". Lembrou que esta pílula está destinada a "situacións de emerxencia", descartándoa tamén como "un método anticonceptivo máis".

Custará 20 euros
Sobre o seu prezo dixo que o goberno estatal non pode subvencionar este medicamento "porque é un método de excepción, de urxencia". Tamén lembrou que este medicamento está sendo ofrecido de xeito gratuíto en oito autonomías, como aconteceu durante estes anos en Galiza nos centros Quérote.

Ademais, aproveitou a ocasión para recomendar novamente o uso do preservativo recordando que, alén de ser o método máis barato e efectivo, contribúe na loita contra as enfermidades de transmisión sexual. Jiménez dixo que esta medida está integrada nunha Estratexia de Saúde Sexual e Reprodutiva que pretende dar "un enfoque global e integral" a este tema.


4.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: