Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PARTIR DE 2011

A deducción fiscal por vivenda mantense só para rendas inferiores a 17 mil euros

Os traballadores que gañen entre 17 e 24 mil euros anuais brutos tamén poderán seguir acolléndose ao beneficio fiscal, aínda que xa en menor medida. O resto dos contribuíntes non deducirán por este concepto.

Redacción/EP - 13:05 12/05/2009

O presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, anunciou na mañá deste martes restricións nas deduccións fiscais por compra de primeira vivenda. A partir de 2011, só poderán manter a base deducíbel de 9.015 euros as persoas con rendas inferiores aos 17 mil euros brutos ao ano.

Os declarantes que gañen entre 17 e 24 mil euros anuais tamén se poderán acoller ao beneficio fiscal, aínda que neste caso as deduccións xa se van reducindo linealmente. Os traballadores que estean por riba dos 24 mil euros brutos anuais non terán a partir de 2011 dereito a ningún beneficio fiscal pola compra da primeira vivenda.

No Congreso, Zapatero xustificou este recorte asegurando que o 50% dos asalariados do Estado Español van poder seguir tendo estes beneficios fiscais.

Dous mil euros de axuda para mercar coche
O presidente español tamén anunciou axudas directas de dous mil euros para comprar coches. A subvención, que comezará de inmediato, será financiada polo goberno estatal (500 euros), comunidades autónomas (500) e fabricantes (mil euros).

Axudas ás pemes
Na mesma intervención diante do Congreso, Zapatero anunciou que lle recortará cinco puntos o Imposto sobre Sociedades, durante tres anos, a todas aquelas pemes de menos de 25 traballadores e un volume de vendas inferior a cinco millóns de euros que, a 31 de decembro de 2009, manteñan ou melloren o número medio de traballadores cos que contaban o ano pasado.

Mil millóns menos de gasto público
Na mesma intervención, o máximo mandatario español sinalou que o vai recortar en mil millóns o gasto público previsto para este ano para facerlle fronte á crise económica.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: