Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Derrota final da guerrilla

A TV pública de Sri Lanka dá por morto ao líder dos Tigres Tamil

A información baséase en fontes militares xa que o acceso de xornalistas á zona está vetado.

Redacción - 10:45 18/05/2009
O exército cingalés, tomando a costa norte do país

O exército cingalés, tomando a costa norte do país

Segundo as últimas informacións difundidas pola TV estatal de Sri Lanka, e recollidas polas axencias internacionais, o líder dos Tigres Tamil, Velupillai Prabhakaran, está morto. O dato, baseado en fontes militares, non puido ser aínda confirmado dado que o acceso dos xornalistas á zona está vetado.

"Confirmouse, Prabhakaran foi abatido cando tentaba fuxir nunha ambulancia á mañanciña. Estamos todo agardando polo anuncio oficial do presidente", declarou unha outra fonte militar anónima á axencia Reuters.

Os Tigres Tamil deciden "silenciar" as súas armas (Actualizada ás 9.00 h.)
"Só ficaba unha opción: eliminar a última feble escusa do inimigo para matar o noso pobo. Decidimos silenciar as nosas armas", sinalou o xefe de relacións internacionais dos Tigres para a Liberación da Patria Tamil (LTTE), S. Pathmanathan. "Esta batalla chegou ao seu amargo final. Contra todo prognóstico, contivemos as forzas cingalesas sen axuda, excepto o apoio sen fin do noso pobo", aseguraron os rebeldes nunha nota tirada da web Tamilnet.

"Temos que facer todo o posíbel por deter esta carnicería"
O exército cingalés, que acusou máis dunha vez á guerrilla Tamil de empregar a civís coma escudos humanos, recusou varias veces asinar unha tregua co LTTE, e seguiu combatendo aos rebeldes durante semanas, pese á súa situación de debilidade, provocando, ademais, a fuxida de centos de milleiros de persoas da zona en conflito. Nos últimos días, a guerrilla Tamil resistía nunha faixa de pouco menos de dous quilómetros cadrados de terreo.

Mentres os rebeldes acusan o goberno de Sri Lanka de ser o culpábel da morte de máis de tres mil civís, os mandatarios do país asiático teñen unha versión ben diferente, e aseguran ter rescatado, en tres días, aos 50 mil civís que o LTTE tiña como reféns.

Mortos os líderes da guerrilla
As forzas do goberno cingalés tomaron o control, o sábado, da pequena faixa de terreo onde resistía a guerrilla Tamil, alén de toda a costa norte da illa, por vez primeira nunha conflito que comezou hai 26 anos, eliminando calquera posibilidade de fuxida dos grupos de milicianos. O presidente de Sri Lanka, Mahinda Rajapaksa, proclamou naquela altura, que o LTTE fora "derrotado militarmente".

Segundo a BBC, o exército conseguiu dar morte ao xefe da sección política da guerrilla, Balasingham Nadesan, mais nada se sabe aínda do fundador e líder dos Tigres Tamil, Vellupillai Prabhakaran, pese a que fontes militares sinalaron que o recuperaron un corpo que podería ser o del, e cuxa identidade aínda non foi confirmada. Porén, o cadáver do seu fillo, Chareles Anthony, de 24 anos, foi localizado, segundo indicou o Ministerio de Defensa cingalés.

Máis información:


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: