Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIO

O avogado lugués Luís Lamas substitúe a Xosé Álvarez á fronte de Sogama

A Consellaría de Medio Ambiente agarda ter en dous meses e medio os resultados dunha auditoría interna que se está a facer na sociedade pública.

Redacción - 18:30 18/05/2009

A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) ten dende este luns un novo presidente. Luís Lamas, un avogado lugués de 37 anos de idade, releva a Xosé Álvarez Díaz na sociedade semipública. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presidiu o consello de administración que decidiu o nomeamento.

O conselleiro anunciou que espera que en menos de tres meses estea lista unha auditoría encargada á consultora Idom. Segundo Hernández, o obxectivo é restaurar a “normalidade” logo dunha época na que “a xestión da planta se viu escurecida por denuncias e conflitos laborais”. O conselleiro cre que é hora de que Sogama se centre en “xestionar de forma eficaz os residuos sólidos da comunidade”.

Unha xestión máis que difícil
Luís Lamas, presidente de Novas Xeracións de Lugo entre 1991 e 2001, foi concelleiro na mesma cidade entre os anos 1995 e 2003. Lamas está considerado un home moi próximo a Xosé Manuel Barreiro, ex conselleiro de Medio Ambiente.

Lamas ten o reto de intentar endereitar unha sociedade que acumula denuncias por irregularidades varias dende a súa fundación, en 1992, e que se ve desbordada para tratar o lixo todo que chega até as súas instalacións centralizadas en Cerceda.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: