Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Eleccións europeas

Miguélez pide unha Europa "lonxe de actitudes casposas tipo Berlusconi"

A que foi eurodeputada socialista na última lexislatura, Rosa Miguélez, falou na Coruña a prol da "mobilización do voto progresista".

Redacción - 10:00 31/05/2009

"Europa só terá unha oportunidade se o Parlamento acada una maioría de progreso, que insista na protección social, nos investimentos en políticas medioambientais, no impulso da educación pública e no avance en dereitos e liberdades, lonxe de actitudes casposas e ridículas como as que representa Berlusconi", advertiu a eurodeputada Rosa Miguélez durante a súa intervención no acto político do PSdeG na Coruña. Falou Miguélez da importancia de "mobilizar o voto progresista" na idea de que, subliñou, "xógase o futuro de Europa nun momento tan importante para a nosa economía, para o noso presente e para o noso futuro".

Ao respecto, Rosa Miguelez repasou no seu discurso os que considerou eixos fundamentais para Galiza nesta cita electoral, como é o caso das políticas dirixidas aos sectores primarios, agricultura, gandería e pesca, as Directivas de servicios ou a seguridade marítima. Neste punto, recordou os debates posteriores ao desastre do Prestige, as demandas do Grupo socialista e "o boicoteo reiterado do Grupo Popular español, especialmente dun tal Galeote, que no seu dia foi moi belixerante coas demandas galegas e hoxe está imputado no caso Gürtel".

No mesmo acto interviu tamén a portavoz da Executiva do PsdeG-PSOE, Mar Barcón, quen recordou a figura de Salvador de Madariaga, nado en terra herculina, e lembrou "os sinais de tolerancia e liberdade, que sempre formaron parte da identidade da cidade da Coruña", para reclamar "manter vivo o espírito da Europa que sempre é vangarda, que sempre asina os mellores e maiores logros para os cidadáns, a da igualdade, da xusticia social, da fraternidade".


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: