Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acto da Marcha Mundial das Mulleres

Poesía e flores en favor da liberdade para decidir

Concentración en Compostela a prol da lei que despenaliza o aborto. Na mesma xornada foi asasinado un coñecido doutor que practicaba abortos nos EUA.

Redacción - 09:00 01/06/2009

A Marcha Mundial dás Mulleres concentrouse este domingo en Santiago co obxectivo de reivindicar a "liberdade para decidir" a través dunha alfombra floral a favor do proxecto de lei que despenaliza o aborto. Nun acto simbólico na Praza da Quintana, a organización feminista "celebrou" a capacidade de reprodución das mulleres e fixo fincapé na "necesidade" de que sexan estas as que "controlen a natalidade".



Así o explicou en declaracións a Europa Press unha das voluntarias, Vitoria Iglesias, quen subliñou o momento escollido para o evento, "aproveitando a fin da primavera", cando tradicionalmente se festexa a fecundidade da natureza con "maios" como o que construíron. A alfombra, que confeccionaron a base de flores de cores, simbolizou un útero e no centro podíase ler "Eu decido", lema da campaña que a Marcha Mundial dás Mulleres desenvolveu durante todo este mes e que incluíu charlas, mesas de debate e recollida de sinaturas.



Fin do primeiro treito reivindicativo

Iglesias destacou que "xa son 30" os colectivos que apoian a súa causa e indicou que continuarán coa recolecta de sinaturas, así como coa presentación da publicación 'Polo dereito a decidir', que recolle as reflexións dunhas xornadas que organizadas na Coruña, hai oito meses.



Ademais, as feministas entoaron coplas e leron un comunicado no que adiantaron que "continuarán" co seu labor de "demandas graduadas" unha vez "concluído" un primeiro ciclo de reclamacións en pro da reforma lexislativa que atinxe ás mulleres que realizan abortos e ao persoal sanitario que o practica.

Asasinato de doutor nos EUA
Ao fío, contámoslles que este domingo chegaba dos Estados Unidos a noticia do asasinato do doutor George Tiller, de 67 anos, tiroteado cando camiñaba cara a unha igrexa en Kansas. Tiller era coñecido polo seu labor médico na práctica de abortos e á porta da súa clínica houbera concentracións de activistas ultracatólicos e antiabortistas en máis dunha ocasión. Nos anos 90 xa resultara ferido por disparos por un destes manifestantes.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: