Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'PROXECTO RUNAS'

Os internautas escollerán os grupos que abrirán o Festival de Ortigueira

O prazo para enviar cancións remata o 10 de xuño. As tres máis votadas competirán por un posto no cartel da edición 2010.

Redacción - 17:30 01/06/2009

O Festival de Ortigueira servirá por décimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do 'Proxecto Runas', convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres bandas máis votadas polos visitantes da web oficial protagonizarán a primeira noite do certame celta, competindo ao vivo por entrar no cartel do 2010. Os grupos teñen até o 10 de xuño para enviar unha canción, e deben contar cun repertorio de cando menos unha hora de duración.

Un comité técnico realizará unha primeira selección de dez grupos. Pero a segunda fase correrá en exclusiva a cargo dos internautas que visiten a web oficial. Eles e elas elixirán cos votos que emitan do 15 ao 30 de xuño, de entre estas dez candidaturas, as tres formacións que actuarán na xornada inaugural da próxima edición do Mundo Celta, o vindeiro 9 de xullo. Cada un dos grupos recibirá 1.000 euros.

O pasado ano
Sog, Coanhadeira, Pradairo, Ophiusa, Blima, Divertimento folk e Xúa foron seleccionados para actuar na primeira xornada do festival, facéndose os castelán-leoneses Sog coa vitoria. Isto permítelles actuar nesta edición no Escenario Estrella Galicia. En anos anteriores formacións como La Bruja gata, Rare folk ou Bellón & Maceiras foron os gañadores.


4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: