Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O FALLO ANUNCIARASE A VINDEIRA SEMANA

E a rede ferveu...

O xurado que decidirá o gañador da viaxe a Bruxas está formado por Xosé Luís Martínez Pereiro, Francisco Macías e Xosé Antonio Perozo.

Redacción - 18:15 02/06/2009

Chegou o momento; a semana que vén coñeceremos o gañador da segunda edición de Ferve a Rede, a persoa que obterá, ademais, a viaxe para dúas persoas a Bruxas. Tamén a finais da vindeira semana sortearemos, entre todas as persoas que enviastes algún relato, o outro premio do concurso: unha estadía dunha fin de semana en Amarante (Portugal).

O xurado está formado por Xosé Luís Martínez Pereiro, Xosé Antonio Perozo e Francisco Macías. Xosé Luís Martínez Pereiro reparte a súa actividade entre a narrativa, o teatro e o debuxo humorístico; o pasado ano fíxose co III Premio Repsol-YPF de Narrativa Breve con A verdade como mal menor. Xosé Antonio Perozo publicou varias novelas con contido erótico, como Martázul (Premio Blanco Amor, 2001) e Espérame (Xerais, 2006), e moi especialmente Coral de Lirios Morenos (1992) que pode ser considerada a primeira novela erótica da literatura galega. Finalmente, Francisco Macías é director de Edicións Positivas e responsábel do certame de novela erótica Narrativas Quentes.

Le aquí todos os relatos da edición 2009 de Ferve a Rede


4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: