Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Europa, Terra de Pobos

Alsacia: Unha cegoña entre dúas aguias imperiais

O pobo alsaciano sufriu como tantos outros as consecuencias de vivir entre dous países que de sempre aspiraron a estender o seu dominio por toda Europa.

Fernando Arrizado - 10:45 04/06/2009
Cadro de Charles Spindler

Cadro de Charles Spindler

A cegoña é o símbolo nacional de Alsacia. Concretamente, a cegoña branca, ave que en Galiza vemos polo San Blas, mais que no país centroeuropeo é un dos poucos lugares onde habita durante as catro estacións do ano.

De feito, o dito popular de que a cegoña trae os nenos de París non é máis que outra mostra do colonialismo de Estados centralistas como o francés, que colonizaron pobos, impuxéronlles as súas culturas e apropiáronse das dos sometidos para as facer propias.

Francia é unha das rapaces que acosaron durante séculos a cegoña alsaciana. Outra, Alemaña. Franceses e alemáns, dúas aguias imperiais que como consecuencia das súas arelas por dominaren Europa, usaron Alsacia de pataqueira nos seus numerosos enfrontamentos ao longo da historia.

Sacro Imperio Romano Xermánico, protectorado do Reino de Francia, departamento da República francesa, Reichsland do Imperio Alemán, ... os continuos cambios de soberanía levaron a sociedade alsaciana do S.XX a un profundo debate identitario.

Un pobo europeo, integrado en Francia mais que fala un dialecto alemán. Alsacianos de Francia, alsacianos de Alemaña ou, simplemente, alsacianos de Alsacia?


4.08/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: