Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Escolma galego-portuguesa

Manuel Mendes, Ramiro de Viceso, Joaquim Moreira: tesouros vivos

De Bragança e Outeiro de Rei, achegámoslles exemplo de contos e tamén de propostas reais para a lista do patrimonio inmaterial.

Redacción - 13:15 04/06/2009

No marco da convocatoria realizada por Ponte nas Ondas, velaí unha mostra das pezas achegadas nos últimos días. Recordámoslles que teñen dúas formas de colaborar. A primeira, enchendo a ficha correspondente de proposta para a lista dos tesouros vivos. A segunda, enviando un relato no que, nun máximo de 100 palabras, expresedes o que é para vós un tesouro vivo:


"O señor Xesús foi pescantín e tece redes con fío de cáñamo cargado en agullas de salgueiro. Ata os nós coma un lóstrego, medindo cada malla cunhas pezas que chama “formas”, mentras conta historias de pesca e de enchentes nos caneiros. Sabe donde armar, nos carreiros areosos entre as oucas, e cando erguer, para enxugar o aparello. Pón nome ás partes da rede: avanzal, seo, punta, arcos, empedradoiros, gallitos. Coñece cada palmo deste seu mundo que descrebe emocionado cando fala. Tal que a súa historia semella un navegar fachendoso de batuxo polas augas cougas e solemnes do pai Miño".

Enviado por Orlando Viveiro



"Ramiro é o derradeiro cesteiro de Viceso. De novo fora caseiro e logo adicouse a xornaleiro. Co que ía gañando fixo el mesmo a súa casiña de pedra. Cando eu era cativo ía onda el escoitar fantásticas historias e ouvir como rinchaban as varas de vimbio. Que xeito lle daba coas mans! Movíaas a unha velocidade abraiante, deixando por ronsel o seu fermoso cesto.
-Mañá imos apañar nas patacas.
-Hanvos ser boas, Monchiño!
O serán despedía a xornada e a súa cor laranxa iluminaba as nosas ilusións. E eu cos meus bos cestos dicíalle adeus ao nobre cesteiro de Viceso."

Enviado por Moncho Pais Pazos



"Manuel Mendes nasceu em Avintes em 1945. Começou a trabalhar com 11 anos. É artesão há 19 anos. As suas peças não são feitas rigorosamente à escala, no entanto, procura que o seu trabalho se aproxime dos motivos seleccionados. Utiliza como matérias-primas produtos naturais, tais como: pedra- pomes, madeira, metal, cobre, pevide de cabaça, barba de milho, folhelho,líquen, etc .. As suas qualidades são: amor à arte; à cultura e tradições populares; o engenho, a sabedoria servindo-se dos produtos naturais. Realizou, ao longo dos anos, 12 cascatas e várias exposições. Tem algumas peças em exposição no Solar Condes de Resende"

Enviado pola Escola Infante D.Henrique, de Bragança



"Joaquim Moreira Guedes nasceu em Perosinho V.N. de Gaia. Foi metalúrgico, merceeiro e comerciante. Dedica-se ao artesanato e ao restauro de obras antigas. Realizou várias peças, nomeadamente casas típicas de várias regiões em forma de chaveiro, monumentos da freguesia e da região, assim como utensílios agrícolas. Quase todas as suas obras são minuciosamente feitas à mão e as matérias-primas são: madeira, cartão, tubos de electricidade, esferovite etc. As qualidades deste artesão são a modéstia; a humildade e a criatividade. As suas obras não são comercializáveis, fá-las por amor à Arte e à Cultura"

Enviado pola Escola Infante D.Henrique, de Bragança


4,22/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O artesán Manuel Mendes, proposto para a lista dos tesouros vivos por unha escola de Bragança
O artesán Manuel Mendes, proposto para a lista dos tesouros vivos por unha escola de Bragança