Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EVOLUCIÓN

Mentres os conservadores se fan aínda máis fortes nas cidades, o BNG sofre outro pau

Os conservadores subiron porcentualmente nos sete grandes municipios do país.

Redacción - 00:11 08/06/2009
Tags:

Logo das eleccións do pasado 1 de marzo, os conservadores volveron a demostrar este domingo a súa forza nas cidades. O Partido Popular mellorou resultados porcentuais con respecto a 2004 nos sete municipios máis urbanos. Os socialistas baixaron en catro e os nacionalistas teñen os seus peores resultados nas sete grandes cidades.

-A Coruña: PP, 44,5% (sobe catro puntos); PSdeG, 39,2% (cede 3,5 puntos) e BNG, 7,6% (baixa cinco puntos porcentuais)

-Vigo: PP, 42,78(case dous puntos máis); PSdeG, 40% (mantense); BNG, 8,8% (perde algo máis de 4,5 puntos)

-Compostela: PP, 48,8% (gaña medio punto); PSdeG, 30,8 (gaña tres décimas); BNG, 10,8 (perde máis de cinco puntos)

-Ferrol: PP, 45,7% (gaña case un punto); PSdeG, 38,7 (sobe 1,6 puntos); BNG 7% (perde cinco puntos).

-Pontevedra:
PP, 44,2% (sobe catro puntos); PSdeG, 37,6 (perde tres); e BNG, 10,2% (cede 4,5 puntos porcentuais).

-Lugo:
PP, 47,7% (tres puntos máis); PSdeG 37,4 (baixa case tres puntos); BNG, 7,6 (cae 3,5 puntos)

-Ourense:
PP, 46,8% (sobe máis dun punto); PSdeG, 40,1 (case 2 puntos menos); e BNG, 6,36% (cae máis de 4,5 puntos)


2.38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: