Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Anuncio feito na terza feira en Bruxelas

Durão Barroso volve presentar a súa candidatura a presidente da Comisión Europea

Tras coñecer a composición da nova Eurocámara, de maioría conservadora, o portugués podería repetir outro mandato á fronte dos destinos do Executivo europeo.

Redacción - 16:30 09/06/2009
Durão Barroso, no momento de votar este domingo

Durão Barroso, no momento de votar este domingo

O actual presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, tal e como se prevía, ao se coñeceren os resultados das eleccións do domingo, declarouse esta terza feira candidato a un novo mandato á fronte dos destinos do Executivo Europeo, cargo ocupa dende 2004.

O anuncio foi feito de mañá, durante un encontro de Barroso co primeiro ministro da República Checa, Jan Fischer -que arestora ocupa a presidencia de quenda da UE-, e após manter contactos co goberno sueco, -que sucederá os checos no seu posto en xullo. "Estou honrado porque o presidente do Consello Europeo preguntoume hoxe -por esta segunda feira- se eu quería cumprir un segundo mandato, e aceptei o seu pedimento", dixo o ex primeiro ministro portugués do PP.

As opcións de que Durão Barroso repita no cargo medraron
A vitoria do Partido Popular Europeo (PPE) nas eleccións europeas de domingo abriu camiño á candidatura de Barroso que, alén do apoio do partido, conta co apoio explícito dos gobernos socialistas de Portugal, o Estado Español e o Reino Unido. Cómpre lembrar que esta institución europea conta con 27 membros, e un presidente que é escollido polos gobernos dos países membros da UE.

Por outro lado, Francia leva un tempo facendo presión para adiar o nomeamento formal de Barroso até que entre en vigor o Tratado de Lisboa, que aínda se deberá aprobar nun novo referendo en Irlanda, previsto para outubro. Porén, os electores irlandeses xa votaran negativo na primeira consulta popular, feita en xuño do ano pasado.

A designación do novo presidente da Comisión -por cinco anos-, está prevista para os días 18 e 19 deste mes, durante a cimeira da UE. Despois será confirmada polo Parlamento.

Se a maioría progresista impón se une, Barroso podería quedar fóra da Comisión
Porén, aínda que todo apunto a que Barroso será ratificado como presidente, coa actual composición do Parlamento, isto podería non ser así. Segundo conta nun seu artigo en Vieiros o ex eurodeputado Camilo Nogueira, "os grupos progresistas e os demócratas de centro dispoñen de máis deputados que o PPE".

Nesta liña, Nogueira salienta que, aunando os seus resultados e os dos socialistas, "sería posíbel formar unha maioría democrática e progresista de 293 deputados que superaría aos 263 dos populares, pudendo condicionar a elección do Presidente da Comisión e do Presidente da Unión de se aprobar o Tratado de Lisboa".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: