Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVEDADES CARMINHA, PUNK

"Estamos ata o carallo de gaitas e alalás"

O trio presenta o seu primeiro álbum, 'Te vas con cualquiera', no Rock en Costa, que terá lugar o sábado no Castiñeiriño (Compostela).

M.S.P. - 11:15 13/06/2009

Arrincaron o seu 'Grandes Éxitos', o pasado ano, dicindo que "Todos los punkis nacen en Lalín (y a mí plin)"; foi unha maqueta provocadora dende o seu formato, pois editouse unicamente en casete. Agora regresan cun disco de verdade, publicado por unha discográfica (de verdade) e con distribución convencional. Volven afirmando que hai que matar o pai, ou cando menos así se titula o seu tema máis redondo: "Papá toca a gaita/ rompereille a cara/ Papá baila muiñeira/ partireille as pernas/ Mata ao teu pai/ Papá é un bravú/ batireille nos dentes/ Papá é un puto folki/ Ficará doente/ Mata ao teu pai/ Eu non quero ser gaiteiro/ nin ler a Ramón Piñeiro/ uso gafas Castelao/ para ler a Lois Pereiro/ Mata ao teu pai".

Estarán o sábado 13 en Compostela (Rock en Costa), o 27 en Vigo (Iguana), o 3 de xullo en Narón e o 4 de xullo na Coruña (CSO As Atochas).

O disco: quen o edita, cando sae, en que formato, que distribución vai ter?
O disco está editado en vinilo por Bowery Records, un selo punk de Madrid. Para septembro sairá en cd con Lixo Urbano (GZ) e Rumble records. Estará distriubuído en Alemaña, EEUU, e o estado Español, tendo en conta a distribución dos dous formatos polos distintos selos. En fin, que os nenés da Coruña vaian ao Beasto a compralo, os nenés de Santiago ou veñan á presentación do rock en costa ou senon na Reixa, e os nenés de Vigo vaian a Honky Tonk ou veñan o día 27 deste mes a ver a presentación do disco á Iguana, e sacaran o disco a prezo. Aos de Lugo e Ourense, estamos pensando si venderlle o disco...

Por que incluídes tres cancions de 'Grandes Éxitos'?
Porque son bonitas, sinceras e académicas. Ademáis pediunolo expresamente Bowery records, e nós, como todos os punks, poñémonos de xeonllo ante o patrón.

Hai que matar a todos os pais? Tamén a Johnny Rotten?
Si, sempre nos pareceu fantástico Lorenzo Freud, con toda a súa variedade comercial. Ten en conta que non é un supermercado calquera, senon que é un supermercado ilustrado. Incluso ata ten un pintor na familia, Lucian Freud, que é herdeiro. Resumindo, que non é máis que un manifesto antibravú, corrente que nin nos gusta, nin respetamos. E é por eles, os que se din papás de todo o movemento musical actual en Galiza polo que fixemos a canción. Estamos ata o carallo de gaitas e alalás... Johnny Rotten está gordo, e non nos gustan os gordos.

'Te vas con cualquiera', 'No uso condón', 'Chulo hortera y cumplidor'... Vuelve el hombre?
Encántanos o rollo torero.

Agora, con Feijoo no poder, é o tempo do punk en Galicia?
No 1979 entrou Margaret Thatcher en Gran Bretaña, e coincidiu coa explosión punk. No 2009, 30 anos despois, pasará o mesmo en Galiza. Hay movemento punk. O que máis mola de ser punk é vestirse ben, pero en Compostela siguen triunfando os hippies manchados de licor café e co nivel de azucre polas nubes. Cando se dean conta de que son bastante desagradables poderemos empezar a emigrar, porque non haberá con quen meterse. O corpo pide comisaría, a verdade é que si...

Que vos parece que lle dedicasen a Ramón Piñeiro o Día das Letras?
A verdade é que nos apesta a súa poesía de combate, é aburrido e rancio. Mólanos Lois Pereiro e Yolanda Castaño, que tamén lle podían dar o día das letras galegas, porque leva dez anos morta poéticamente. E seguro que non fode tanto como di.

Algunha anécdota dos concertos deste ano pasado?
Alégrome de que me fagas esta pregunta

Como se cura a morriña en Madrid?
Con ryanair, non hai outra fórmula. No fondo estamos encantados de predicar o bravú nos bares cool de Malasaña, porque o que en realidade nos mola é a churrasquería Fuentes en Conxo, e non os bares de post punk.

Para cando unha excursión ás Cíes, buscar uns cantos hippies?
As hostias sempre están ben, pero mentras non nos dean na cabeza, porque estamos estudando. Nós somos pijos, non aturamos nin media hora en tenda de campaña. De todas formas, se alguén nos quere levar no seu barco, estaríamos encantados de manchar o bate de beisbol de sangue nas Cíes.

Considerádesvos un grupo bizaro? Por que Galicia é bizarra?
O termo bizarro xa vai estando un pouco trillado. Somos verbeneros, máis ben. Mólanos Toñito Blanco, e ahi empeza todo. Tamén os Viuda Gómez e hijos, un grupo punk dos 80 da Coruña. Para nós é o máis normal do mundo, pero para ti querido lector que matas as horas mirando a superpiñeiro, todo será do máis radical. Pois non, temos licuadora, comemos verzas e lemos o xornal, que eso si que é bizarro. Galicia non é bizarra, en Galicia, sobre todo en Becerreá hai pizarra. Bo xénero.


2,86/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: