Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Segue a reforma do peirao

Medio cento de veciños frean outra vez os traballos no Salgueirón

A Confraría de Pescadores presentará en Cangas unha denuncia por delito ecolóxico.

Redacción - 14:00 12/06/2009

A primeira hora deste venres, continuaban os traballos a pé do mar de Cangas das obras do peirao do Salgueirón, no contorno da vella factoría de Massó. Unha vez máis, membros do Foro Social Cangas Non se Vende achegáronse para denunciar a ilegalidade do proxecto e tratar de impedir o acceso dos camións. De xeito concreto, advirten desde o Foro de que a empresa adxudicataria está guindando ao mar non só pedras, senón tamén terra, xustamente no contorno onde hai apenas uns días que traballan as embarcacións da campaña da ameixa.

Critican ademais que o Concello de Cangas non repuxo o sinal que prohíne o paso a camións polo camiño municipal de Punta Balea e insisten nos buratos que seguen permitindo "as obras ilegais dun porto deportivo ilegal". Retirados a primeira hora por axentes da Garda Civil, posteriormente acudiron á zona máis veciños, entre outros o patrón e vicepatrón da Confraría de Pescadores San Xosé, de Cangas, e a concelleira de Persoal do municipio, Maruchi Álvarez (ACE). Fronte á presencia de arredor de medio cento de persoas, a Garda Civil optou por ordenarlle aos camións que se retiraran. Segundo puido saber Vieiros, a Confraría canguesa ten previsto a presentación dunha denuncia por delito ecolóxico polo avance dos traballos a pé da ría. Recordámoslles que existe aínda un contencioso pendente de resolver que enfronta o proxecto coa confraría.


4,95/5 (19 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Veciños fronte aos camións este venres / Imaxe: Foro Social
Veciños fronte aos camións este venres / Imaxe: Foro Social
O Foro denuncia o vertido de terra ademais de pedras
O Foro denuncia o vertido de terra ademais de pedras
Contorno do Salgueirón a finais de maio / Imaxes tiradas por membros do Foro Social de Canga
Contorno do Salgueirón a finais de maio / Imaxes tiradas por membros do Foro Social de Canga