Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'Aló Irmao'

Narf e Manecas Costa gravan o seu novo disco perante o público

O concerto, de balde, terá lugar entre o martes e o mércores no Teatro Principal de Compostela.

Redacción - 13:30 16/06/2009

Estas terza e cuarta feiras, Narf e Manecas Costa gravarán o seu novo disco, titulado Aló Irmao, ao vivo no Teatro Principal de Compostela. A experiencia iniciarase ás nove da noite, e nela participan os dous músicos, con traxectorias ben distintas, pero complementarias. Os concertos serán de balde até completar o aforo.

Os músicos galego e de Guiné Bissau estarán acompañados do percusionista mozambicano Celso Mahuie. Manecas Costa tiña un camiño andado co público galego e Narf tamén tiña experiencia previa con artistas africanos, o que fixo que os seus estilos encaixasen perfectamente.

Aló Irmao estará composto por máis de 90 minutos de música, que arrancarán cos éxitos en solitario dos dous músicos, que contarán quen é Narf e quen é Manecas, para despois explicar quen son os dous xuntos. É unha proposta sinxela, baseada nas guitarras, nas palabras e en facer encaixar todas as pezas. “O concerto é unha viaxe que parte do que fomos, pasa polo que somos e nos leva cara ao que hemos ser”, explica Narf. “Queremos que a xente viaxe connosco a Guiné (Nigué Ssibau), a Galiza (Zigala), ao ese lugar onde nos sentimos seguros, ao que voltamos para coller folgos”, apunta Manecas. “Queremos”, conclúen, “que veñan con nós no que dure o concerto a ese lugar no que non hai preocupación, onde só hai felicidade”.



Ligazóns

4,6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Narf e Manecas Costa en Maputo

Narf e Manecas Costa, en xullo de 2008 / Flickr: aloirmao
Narf e Manecas Costa, en xullo de 2008 / Flickr: aloirmao