Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COAS NEGOCIACIÓNS EN SUSPENSO

Caramelo despide 14 traballadores máis

A empresa xa notificou os ceses, que se suman aos 10 anteriores. Seis dos contratos extinguidos pertencen a membros do comité de empresa.

Redacción - 17:25 16/06/2009
A empresa despediu xa a 24 traballadores dende os incidentes da pasada semana

A empresa despediu xa a 24 traballadores dende os incidentes da pasada semana

A compañía téxtil Caramelo segue a formalizar os despedimentos de máis traballadores da fábrica do polígono industrial de Agrela. Aos 10 que se fixeron efectivos na xornada do luns, súmanse agora outros 14, aos que a empresa responsabiliza dos estragos ocasionados o pasado xoves día 11 nas instalacións logo de rompérense as negociacións entre sindicatos e dirección sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE).

Así, en total, houbo xa un total de 24 despedidos en represalia por aqueles actos, seis deles ademais son membros do comité de empresa que estaban a participar nas negociacións. A presidenta do comité, Isabel Muíño, considerou esta noticia "unha demostración da desesperación da empresa", en relación co expediente que aínda se está a tramitar, malia o informe desfavorábel da Inspección de Traballo, e que afectará a un total de 237 traballadores.

Ao tempo, xa anunciou que os traballadores levarán estes ceses á vía xudicial, se ben recordou que no seu caso e no dos outros cinco representantes sindicas despedidos "non pode haber unha expulsión directa da empresa ao ser membros do comité". Agora teñen previsto presentar as súas alegacións perante a empresa para tentar revocar os despidos.


Ligazóns

2.33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: