Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Mind Da Gap e Puto Coke, entre outros

O Norte de Portugal e a Galiza, tamén unidos polo rap

Gaia, capital da Cultura do Eixo Atlántico, organiza a primeira fin de semana de xullo o festival 'Eixo Rap. Sen fronteiras'.

Redacción - 11:15 24/06/2009
Mind Da Gap

Mind Da Gap

A Alameda do Senhor da Pedra, en Gulpilhares (Vila Nova de Gaia) será o escenario do festival Eixo Rap. Sen fronteiras, os días 3 e 4 de xullo, que contará coa participación de varias bandas de hip-hop do Norte de Portugal e da Galiza.

A primeira xornada ten como cabezas de cartaz os portugueses Dealema e o galego Puto Coke. Actuarán ademais, Syzygy, Paniko en las Calles, Nelassasin, Dr. Valda e Seilaesencia.

Ao día seguinte, os portugueses Mind Da Gap e a galega Wöyza serán a referencia. No programa tamén estarán os Império do Norte, Kaiko Sama vs Lcesar, Track Eterno, 040 e Drumdrama.

O festival Eixo Rap. Sen fronteiras fai parte do programa conformado por Gaia, actual capital da Cultura do Eixo Atlántico.


4.6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: