Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non aceptan a oferta da Xunta

Os operarios do Metal deciden, en asemblea, non desconvocar a folga xeral

A CIG segue mantendo a convocatoria de paro para todo o sector, mais UXT e CCOO decidiron darlle unha tregua á patronal e estudar a nova proposta.

Redacción - 13:35 24/06/2009
En asemblea, esta terza feira / CIG

En asemblea, esta terza feira / CIG

Os operarios do Metal saíron esta curta feira polas rúas do centro de Vigo, na que era a 15ª xornada de folga do sector na provincia de Pontevedra.

Ruptura sindical
Por volta do mediodía, os traballadores decidiron, en asemblea, manter a convocatoria de folga para esta quinta feira, ao triunfar a posición da CIG, que quería manter o paro para todas as empresas do sector, tamén aquelas que teñan convenio propio. Mentres, s UXT e CCOO apostaron por suspender temporalmente a folga, para estudar a proposta de convenio. Os dous sindicatos analizarán, de tarde e cos seus afiliados, se lle van dar continuidade ás mobilizacións.

Con este posicionamento, a CIG demostrou publicamente que non acepta a proposta dos mediadores -presentada polas Administracións galega e estatal, e intermedia entre a dos sindicatos e a patronal-, e que tampouco van suspender as mobilizacións en sinal de tregua, como lles fora demandado. O representante da CIG, Antolín Alcántara advertiu durante a asemblea, que a central sindical non comparte a oferta da Xunta. De non chegar a un acordo antes da semana que vén, Alcántara anunciou que a CIG emprenderá como protesta unha marcha a pé cara Compostela, para mobilizarse fronte aos edificios da Xunta en San Caetano.

As negociacións seguirán, entre empresarios e sindicatos, no predio administrativo da Xunta en Vigo. Ámbalas partes teñén até a vindeira terza feira para tomar unha decisión, segundo os prazos que expuxo o Goberno. Cómpre lembrar que a oferta presentada pola mediación recolle un incremento salarial de 2,5 puntos para 2009, o IPC e un 1,5 para 2010, e o IPC con el 1,25 para 2011, sen que se teña en conta o IPC en caso de que sexa negativo.

Máis información:


4.17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: