Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ningún inmigrante é ilegal

O Foro Galego de Inmigración maniféstase exixindo dereitos iguais para todos

Denuncian a crecente persecución policial dos estranxeiros e daqueles que os orientan e apoian. Vídeo no interior.

Isabel G. Couso (texto e vídeo) - 16:30 27/06/2009

Ao berro de 'Dereitos iguais para todos', un cento de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela da man do Foro Galego da Inmigración (FGI). Denuncian o "acoso policial" que sofre a poboación inmigrante en situación irregular, así como aqueles que os orientan e apoian na defensa dos seus dereitos". Así o explicou para Vieiros o voceiro do FGI, Miguel Fernández (ver vídeo), quen ademais recorda que, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), "polo menos unha de cada dez persoas que habitan no Estado Español é inmigrante".

Cambio lexislativo
Dende o Foro Galego, que forman unha ampla rede de asociacións e entidades de apoio ao inmigrante, rexeitan o Anteproxecto de Reforma da lei de Estranxeiría que, "se ben tamén presenta algúns aspectos positivos, incorpora puntos que representan un claro prexuízo para os dereitos fundamentais do colectivo inmigrante". Entre estes apartados que o colectivo precisa necesario mudar atópanse: "a repatriación de menores de idade, o endurecemento das exixencias para a reagrupación familiar, a criminalización da solidariedade ou o intolerábel incremento do período de estancia nos centros de internamento".

Doutra banda, os organizadores desta mobilización tamén subliñaron que "a inmigración é un proceso beneficioso, xa que supón, non só unha achega económica, senón tamén un mutuo enriquecemento humano". Así, lamentan a "incentivación do retorno da poboación inmigrante mediante o pago acumulado das prestacións de desemprego". "Os inmigrantes debemos ser tratados como eprsoas e non só como forza de traballo que interesa unicamente cando a situación económica nos necesita", explica Fernández.


Ligazóns

5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo: concentración en Santiago de Compostela

Un cento de persoas asistiron á concentración, convocada polo Foro Galego de Inmigración
Un cento de persoas asistiron á concentración, convocada polo Foro Galego de Inmigración
Na marcha deixáronse ver bandeiras de diferentes países
Na marcha deixáronse ver bandeiras de diferentes países
A marcha rematou en Praterías, onde se deu lectura a un manifesto
A marcha rematou en Praterías, onde se deu lectura a un manifesto