Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL EIXORAP

Vila Nova de Gaia, punto de encontro para o rap galego-portugués

Aproveitando que a será a capital do cultural do Eixo Atlántico no ano 2009 organizouse un festival no que participarán 15 grupos chegados dos dous países.

Redacción - 08:00 03/07/2009
O vigués Puto Coke é un dos organizadores do festival

O vigués Puto Coke é un dos organizadores do festival

Un total de 15 rapeiros chegados de diferentes puntos de Galiza e Portugal participarán durante a vindeira fin de semana no festival EixoRap, que se celebrará en Vila Nova de Gaia os vindeiros días 3 e 4 de xullo, aproveitando que a localidade portuguesa será a capital cultural do Eixo Atlántico no 2009. O evento está organizado polos rapeiros vigueses El Puto Coke, Kaixo Sama, e a produtora Gold Artist´s. Os concertos comezarán os dous días ás seis da tarde, na Alameda do Senhor da Pedra, e a entrada será gratuíta.

Os organizadores indican que este festival debe servir para "xuntar esforzos e proxectos musicais entendendo que a música, como elemento cultural, dinamizador e vivo, ten a facultade de ofrecer (elementos) intanxíbeis como a solidariedade, o compromiso e o desenvolvemento persoal dos mozos e as mozas".

Ademais procurarán que EixoRap se consolide como unha iniciativa conxunta dos dous países, procurando realzar a figura do rap e demostrar que tanto Galiza como Portugal teñen recursos suficientes para competir co resto da Península Ibérica.O cartel do festival é o seguinte:

O venres 3 actúan Pániko en las Calles (Galiza); Dr. Nelsassin (Portugal); Dr. Valda (Galiza); Seilaesencia (Galiza); Syzgy (Portugal); El Puto Coke (Galiza) e Dealema (Portugal).

O sábado 4 tocarán Drumdrama (Galiza); Recarga (Portugal); Rack Eterno (Galiza); Kaixo Sama Vs LCesar (Galiza); Imperio Norte (Galiza-Portugal) Woyza (Galiza) e MInd Da Gap (Portugal).


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: