Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
após o debate arredor de Garoña

"A enerxía nuclear non é eficiente, nin barata, nin ecolóxica"

Adega envía unha escolma de argumentos que desafía a seren rebatidos por "políticos atómicos, científicos subvencionados e demais apóstolos" deste tipo de enerxía.

Redacción - 13:45 07/07/2009

Nestes días, estando na grella informativa de todos xornais os estatais -tamén nalgúns galegos-, a problemática de pechar ou non pechar as centrais nucleares, como a de Garoña (Burgos), a asociación ecoloxista Adega quixo tamén facer pública a súa opinión.

De todos é sabido que os ambientalistas son o colectivo que máis se opón ao emprego da enerxía nuclear para fornecernos de electricidade. Segundo un seu comunicado, nesta asociación teñen claro que "a enerxía de orixe nuclear non é eficiente, barata, nin moito menos ecolóxica", e fan un chamado para que os políticos "atómicos", os "científicos subvencionados" e demais "apóstolos da enerxía nuclear" saian á palestra pública rebaterlles os seus argumentos.

Dende Adega acompañan ao seu comunicado un artigo da súa presidenta, Adela Figueroa, no que sinala, un a un, os argumentos que esgrimen os ecoloxistas para opoñerse á enerxía nuclear. Así, Figueroa comeza dicindo que a electricidade xerada a partir de centrais nucleares non é segura; é altamente contaminante; non contribúe a reducir os gases con efecto invernadoiro; é moi cara e mantense grazas aos subsidios gobernamentais; os refugallos resultantes presentan moitos problemas para ser procesados, e non poden ser reducidos, reutilizados ou reciclados; as reservas mundiais da materia prima son finitas e moi localizadas; o procesado da materia prima -enriquecemento- precisa de unha alta tecnoloxía, pelo que aumenta a dependencia dos países menos desenvolvidos; non garante a paz; e as verteduras depositadas no fondo dos océanos son altamente perigosas.

En resume, dende Adega din que a enerxía obtida por reactores nucleares non é un proceso sustentábel.

A seguir, Figueroa propón unha serie de alternativas ao emprego da enerxía nuclear, que pasan polo eficaz aproveitamento da electricidade, e a redución do seu emprego.


4.38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: