Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No primeiro semestre

As vendas mundiais de PSA Peugeot-Citroën caen un 14%

Entre xaneiro e xuño o grupo automobilístico francés vendeu 1,58 millóns de vehículos en todo o mundo.

Europa Press - 14:30 07/07/2009

Con estes números, as vendas de Citroën aparecen un 14% por baixo das marcadas no mesmo período en 2008. A empresa gala destacou que a primeira metade do ano se caracterizou pola debilidade dos mercados automobilísticos mundiais, con caídas do 14,4% en Europa, do 48,9% en Rusia ou do 12,6% en Latinoamérica.

Non obstante, admite que a situación mellorou no segundo trimestre grazas ás axudas á compra introducidas en trece países europeos, o que levou a que a diminución das vendas no Vello Continente se limitase ao 9,3% entre abril e xuño, fronte á caída do 19,5% contabilizada entre xaneiro e marzo. Neste contexto, as vendas de PSA en Europa caeron un 14,7%, con 1,11 millóns de unidades, das que 539 mil corresponderon a Citroën e 586 mil a Peugeot. A corporación gañou tres décimas de cota de mercado, ata o 13,6%, aínda que no Estado Español perdeu case un punto (-0,9%).

A compañía concentrou o 34% das súas vendas fóra de Europa nos seis primeiros meses do ano, cun volume de 536 mil unidades, un 2,7% menos. En Latinoamérica, as súas entregas baixaron un 14,3%, pero en China aumentaron un 13,8%. En Rusia, a empresa limitou o seu retroceso ao 6,3%, o que lle permitiu gañar 1,4 puntos de cota de penetración, ata o 3,1%. PSA destacou a boa acollida dos seus novos modelos, como o C3 Picasso, do que vendeu 36 mil unidades en tres meses, o Peugeot 3008, que acumula 17 mil pedidos, e o Peugeot 206 +, que rexistra 49 mil pedidos. A multinacional francesa avanzou que o segundo semestre estará marcado polo lanzamento de dous produtos importantes: o Citroën C3 e o monovolume Peugeot 5008.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: