Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Código aberto

Google anuncia Chrome OS, un sistema operativo para 'netbooks'

O xigante informático lanza un novo proxecto que pretende levar as aplicacións web do xeito máis rápido e seguro aos pequenos computadores.

Redacción - 11:45 08/07/2009
Logotipo do navegador Google Chrome

Logotipo do navegador Google Chrome

Despois de anos de especulacións, e do lanzamento de Android, Google anunciou o proxecto do seu sistema operativo. Compartirá nome co seu navegador, Chrome, e terá como principais destinatarias as persoas que usan o computador (sobre todo os pequenos netbooks) para navegar pola rede.

O Google Chrome OS estará baseado no núcleo Linux, terá código aberto e uns requirimentos lixeiros, para o seu funcionamento en dispositivos sen excesiva potencia, como os  netbooks. Segundo os responsábeis da multinacional con sede en Mountain View (California), pretenden "redefinir" o concepto de sistema operativo, xurdido na era pre-web.

A compañía pretende publicar o código a finais deste ano e lanzar o sistema operativo na segunda metade de 2010. O seu obxectivo é conseguir un software sinxelo, que permita o arranque en poucos segundos e que permita acceder de contado e de xeito seguro á web, onde se atoparán todas as aplicacións necesarias.

Google anunciou que xa está en conversas con fabricantes de computadores para o lanzamento do produto o ano que vén, polo que traballará para diferentes arquitecturas de microchips. O desenvolvemento de aplicacións para o Chrome OS farase sobre a web, polo que todas funcionarán para usuarios de calquera sistema operativo que use navegadores que cumpran os estándares.

Este movemento de Google viuse xa como un golpe de efecto contra Microsoft, que ve, deste xeito, ameazada a súa intención de dominar tamén o sector dos netbooks, que naceran baseados, maioritariamente, en software libre.

O anuncio chega xusto o día despois de que Google decidise superar o estado de "beta" das súas aplicacións web, Gmail, Calendar, Docs e Talk, tras varios anos de funcioamento. Aínda así, a xente que estrañe a etiqueta "beta" pódea volver poñer no seu Gmail mediante unha das opcións experimentais.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: