Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TRES NOVOS XUÍCES HORONARIOS

O Couto Mixto aumenta a súa poboación

O domingo recibirán esta distinción Gonzalo Jar Couselo, Antonio Lourenço Fontes e Xosé Rodríguez Cruz nun acto público.

Redacción - 11:45 09/07/2009

A Asociación de Amigos do Couto Mixto nomeará o vindeiro domingo tres novos xuíces honorarios, que se veñen significando pola súa contribución á memoria deste lugar fronteirizo. Trátase de Gonzalo Jar Couselo, garda civil e experto en Dereito Internacional Humanitario, Antonio Lourenço Fontes, crego de Vilar de Perdices (Montalegre-Portugal), e Xosé Rodríguez Cruz, investigador etnográfico e recompilador da tradición oral do Couto. O acto será o domingo á unha do mediodía na igrexa de Santiago de Rubiás (Calvos de Randín).

O Couto Mixto estaba constituído polos lugares de Santiago e Rubiás (Calvos de Randín) e mais As Maus (Baltar), cunha superficie de 27 quilómetros cadrados. Os seus habitantes tiñan certos dereitos e privilexios, como o de dar asilo aos fuxidos da xustiza española e lusa, a de non fornecer de soldados ao exército, a exención de impostos, ou a liberdade de comercio; ademais, até 1868 os seus habitantes podían escoller entre a nacionalidade portuguesa e hispana.

Desde o ano 2000, a Asociación de Amigos do Couto Mixto nomea anualmente tres Xuíces honorarios entre as personalidades ou organizacións que destaquen no seu labor cultural e etnográfico. Aos nomeados entréganlle simbolicamente unha chave que lembra a que portaban os homes de acordo.


4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A arca de madeira na que se gardaba o arquivo do Couto
A arca de madeira na que se gardaba o arquivo do Couto
Unha imaxe do Couto Mixto
Unha imaxe do Couto Mixto
Unha xuntanza dos xuíces honorarios
Unha xuntanza dos xuíces honorarios