Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Expedientes de regulación de emprego

En cinco meses suman 11.229 os traballadores afectados por un ERE

Maio botou ao paro en Galiza un total de 1.871 persoas máis a través de expedientes autorizados pola administración.

Redacción - 12:30 09/07/2009
Os traballadores de Pascual en Outeiro de Rei negocian estes días un ERE temporal

Os traballadores de Pascual en Outeiro de Rei negocian estes días un ERE temporal

A final de 2008 sitúase o punto de inflexión no contorno laboral galego no que lle toca aos expedientes de regulación de emprego, xa que, de 780 despedimentos o mes de novembro froito deste mecanismo negociado para os despedimentos masivos, pasouse a 2.849 o mes de decembro.

Desde aquela altura, os cinco primeiros meses do ano suman un feixe de Expedientes de Regulación de Emprego (ERE), pactados e non pactados, que completan un total de 11.229 traballadores fóra dos seus postos de emprego ao pecharse o mes de maio. Nese treito, febreiro ofreceu as peores cifras, cun total de 4.138 traballadores afectados ese mes. Son en total, deica maio, 584 tramitacións autorizadas, por só 100 no mesmo período do ano anterior.

A nivel estatal, o Boletín de Estatísticas Laborais do Ministerio de Traballo indica que 284.813 traballadores víronse afectados por algún ERE até o mes de maio, cifras que multiplican por moito as do ano anterior no mesmo período, 21.846. Máis polo miúdo, un total de 227.493 traballadores quedaron afectados por ERE pactados. Cataluña completa os peores datos, con 72.991 traballadores afectados, seguida de Euskadi (40.171) e a Comunidade Valenciana (28.552).


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: