Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Plataforma cidadá

Iniciativa Lexislativa Popular a prol de levar TV3 a todos os Países Cataláns

'Televisió sense fronteres' defende que a canle catalá se vexa fóra de Cataluña, mais tamén a EiTB, en Nafarroa, e a TVG, por exemplo, en Asturias.

Redacción - 13:45 15/07/2009
Manifestación en Valencia a favor da recepción da TV3

Manifestación en Valencia a favor da recepción da TV3

Representantes de Televisió sense fronteres, plataforma que promove que os territorios do Estado Español cunha lingua común poidan captar as mesmas canles de televisión, reuníronse este martes co presidente do Parlamento de Cataluña, Ernest Benach, para lle pedir o seu apoio.

En concreto, defenden que o sinal da televisión pública catalá, TV3, poida ser recibido noutras rexións dos Países Cataláns, como Valencia ou as Illas Baleares. E tamén que a vasca EiTB chegue a lugares sen cubrir de Nafarroa (País Vasco), e a TVG, aos que aínda non o están máis alá das fronteiras administrativas.

Os impulsores do proxecto deben recompilar 500 mil sinaturas en nove meses para que a proposta sexa exposta no Parlamento español. En Cataluña, a campaña conta xa co amparo dos ex presidentes da Generalitat, Jordi Pujol e Pasqual Maragall, do artista Antoni Tapias e do presidente do FC Barcelona, Joan Laporta, entre outras personalidades.


4.71/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: