Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Acción do Comité Cidadán de Emerxencia

Camiñada até Mugardos na véspera do medio cento de gaseiros

A plataforma veciñal organiza unha marcha este xoves e unha concentración o venres, coincidindo coa chegada do buque número 49 á ría de Ferrol.

Redacción - 13:25 23/07/2009

O Sestao Knutsen, con bandeira española, e eslora de 284 metros e capacidade para 138 mil metros cúbicos, é o vindeiro buque gaseiro en entrar cargado á ria de Ferrol. Con este serán 49 os barcos que chegan até a planta ferrolterrá e, unha vez máis, o Comité Cidadán de Emerxencia convocou os veciños a unha concentración protesta. O acto terá lugar na Praza Amada García ás 20h desta sexta feira e diante do edificio da Xunta en Ferrol.

Un día antes, este mesmo xoves, e baixo o lema 'Planta de gas fóra da ría!', a plataforma cidadá convoca a III Marcha a Pé até Mugardos polo desmantelamento da planta gaseira. A actividade coincide co segundo aniversario do peche na Casa do Concello de Mugardos, acción que no seu momento os veciños mantiveron durante 111 días. "Unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de Reganosa, que empobrece a ría e ameaza a nosa vida e seguridade", expoñen. A saída é ás 17h do Parque 'Carmelo Teixeiro', en Caranza, e rematará no Parque dos Carneiros, en Mugardos, onde a a Asociación Veciñal O Cruceiro de Meá organizará unha xolda con música, sardiñas, churizos, cervexa e viño.


4.2/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: