Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estaban convocados 447 traballadores

Traballadores de Caramelo avalan en referendo a última proposta económica sobre o ERE

Un total de 222 empregados, dos 235 que acudiron a votar, apoiaron a proposta, fronte a 5 votos en contra e 8 en branco.

Europa Press - 09:30 04/08/2009
A votación reflicte a división entre os membros do comité de empresa (CIG e CCOO)

A votación reflicte a división entre os membros do comité de empresa (CIG e CCOO)

Traballadores do grupo téxtil Caramelo avalaron este luns, nun referendo convocado por unha parte do equipo, a última proposta económica sobre o expediente de regulación de emprego (ERE) que afecta a 237 empregados da fábrica do polígono industrial de A Grela, na Coruña. Un total de 222 empregados, dos 235 que acudiron a votar, apoiaron a proposta, fronte a 5 votos en contra e 8 en branco, segundo informaron a Europa Press os promotores desta votación.

Ao referendo estaban convocados os 447 traballadores que conforman o equipo da fábrica da Coruña despois de que un grupo de traballadores promovesen esta iniciativa ao entender que esta oferta económica --formulada polos mediadores da Xunta e a Inspección de Traballo nas reunións entre o comité de empresa e a dirección de Caramelo-- supón a última oportunidade para salvar á empresa e evitar o despedimento de 800 traballadores.

Necesario o aval do comité de empresa
Esta proposta --rexeitada o pasado 23 de xullo en asemblea por 114 votos a favor, 91 en contra e 9 abstencións-- formula unha indemnización de 39 días por ano traballado cun tope de 34 mensualidades e un máximo de 60 mil euros por empregado. Tras coñecerse o resultado, o voceiro dos convocantes do referendo, Saúl Montes, instou o comité de empresa --que ten que referendar a votación para que sexa vinculante-- a adherirse a este resultado. "Esperemos que con este dato reaccionen e que mañá teñamos unha resposta", indicou Montes, quen cualificou de "boa" a participación, aínda que admitiu que é "algo máis baixa" do que esperaban o que achacou ao período vacacional.

Así mesmo, considerou que "o escenario será complicado" se o comité de empresa --con 12 delegados da CIG e 5 de CCOO-- non referenda a votación de hoxe. "Se non é así estamos abocados ao concurso de acredores o que afectaría tamén aos traballadores de Antonio Pernas e ás tendas", subliñou Montes. Tras coñecerse o resultado, a voceiro de CIG-Textil, Dolores Martínez, evitou pronunciarse sobre este remitíndose ás declaracións realizadas xa por este sindicato, expresando o seu rexeitamento á convocatoria do referendo ao considerar válido o resultado da asemblea de traballadores celebrada o pasado 23 de xullo. Pola contra, CCOO mostrou como fixo tamén na votación do mes pasado o seu apoio á proposta económica.

Por outra banda, sobre as denuncias da CIG respecto ao uso dunha cabeceira da Xunta na información facilitada aos traballadores antes do referendo sobre esta oferta económica, fontes da Consellaría de Traballo manifestaron a Europa Press que se trata do mesmo documento que facilitaron a empresa e sindicatos na última reunión onde se formulou a citada proposta. "Non é que a Xunta puxera ningún cuño, nin ningunha cabeceira noutro tipo de documento", aseguraron as citadas fontes para descartar calquera vinculación do Executivo co citado referendo e insistiron en que, atendo a unha petición dos traballadores convocantes do referendo, remitíuselles "o mesmo documento" facilitado a comité de empresa e dirección de Caramelo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: