Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A piques de pechar a votación

Recta final na procura do ghit 2009!

A peneira do público quedará pechada na web este mesmo mércores. Por outro lado, o xurado fará a súa propia selección.

Redacción - 11:00 12/08/2009

Dez días de hoxe en diante para sabermos cal é a peza triunfadora desta edición 2009 de A Polo Ghit. En poucas horas quedará pechada a posibilidade de enviar votos a través da web. A esas cifras aínda haberá que engadirlle as votacións chegadas á Radio Galega a través de teléfono e SMS.

A lista completa cos dez finalistas habémola coñecer o vindeiro sábado 15 de agosto durante o programa Extrarradio. Unha semana máis tarde, e logo dunha nova tirada de votacións exclusivamente entre eses temas, o sábado 22 de agosto, coñeceremos os vencedores. Dunha banda o premio do público e do outro, e elixido neste caso polo xurado, o gañador oficial do concurso.

Na rede poden consultar as ducias de temas cos que os grupos do país nos levan agasallando durante as catro edicións do concurso. Entre eles, recordámoslles os gañadores anteriores: Pulpiño Viascón, coa peza In the Ocean, en 2006; Sacha na Horta, co tema Biocultivos, en 2007 e Boy Elliot and The Plastic Bags, coa creación Planeta 19, en 2008.

Para libre descarga:


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: