Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Últimos días da Mostra de Olería

Buño convida a cocer olas ao xeito tradicional

A cocedura no Forno do Forte coa Festa da Carroa é o momento álxido da cita anual coa olería na Costa da Morte.

Redacción - 13:30 14/08/2009

Ao igual que nos últimos once anos, a Mostra da Olería de Buño volve ter na Cocedura Tradional o seu momento máis destacado. A vixesimo sexta edición comezou o día 7 e chega á última fin de semana con dous días de artesanía e música no Forno do Forte da parroquia de Malpica.

A cocedura tradicional ponse en marcha o venres á mañá coa carga do forno, á que segue o seu encendido ás tres da tarde. A partir das nove da noite únese a música á celebración coa Festa da Carroa, na que actuarán os gaiteiros da Asociación Cultural “Malante”. Á mañá seguinte remata a cocedura ao sacar as pezas na descarga do forno. O sábado Buño acolle tamén unha exhibición de olerías tradicionais de Galicia, con pezas procedentes doutros centros oleiros importantes no país, como Bonxe, Niñodaguia e Gundivós.

Os que se acheguen a Buño poden participar das actividades diarias que se desenvolveron toda esta semana e que permanecen en funcionamento ata a noite do domingo: exposicións de olería, postos de venda dos oleiros e doutros artesáns como cesteiros e redeiras de Malpica, exhibicións do traballo dos oleiros, obradoiros para nenos e incluso unha feira que reproduce o ambiente en Buño no ano 1900, cando estaban en funcionamento máis dun cento de obradoiros na localidade.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: